2.2.07

Día das Candeas

Hale, acabouse. Outro venres que dan as tres e media e sigo na oficina, pero marcho a comer (lixeiro, que esta noite hai churrasco... Ou algo) e a prender candeas, aínda que a misa non as levo, non. Primeiro, porque non podo entrar nas igrexas ao non estar bautizada, e segundo porque non me peta. Préndoas na casa, e cadaquén que celebre a Candeloria como Dios lle dea a entender ou non. Encántame este día: casan os paxariños e aos gatos remátalles a xaneira... entendido, Ghandoi? A ver se é verdade.

7 comentários:

A Raíña Vermella disse...

Qué é iso do día das candeas? Nunca o escoitei, pero é curioso que coincida co día no que se tiran flores no mar na festa da deusa Iemanjá. Seguro que ten algo que ver, e as beatas de sacristía oficiando ritos pagáns sen sabelo...coma sempre, por outra banda:)

Lúa Neghra disse...

Cando chora a Candeloria vai medio inverno fóra. Pero cando a Candeloria ri, medio inverno está por vir (foi o caso). Ese día, lembrando penso que o Imbolc celta e o cambio de estación, acéndese candeas e lévanse ás igrexas en varias parroquias de Galiza. Tamén é cando "casan os paxariños". Como os magostos e o San Xoán, tes toda a razón, outro rito pagán de ceñlebración de fenómenos naturias e cambios de estación que foi absorvido polo culto cristián (e deturpado). Por iso, cadaquén o celebra como quere (eu acendín as candeas na casa, fun de churrascada e contra as sete da mañá asistín ao casamento dun pimpín cunha gaivota. Cousas máis raras se viron). Teño que aprender iso da deusa Iemanjá e tirarlle flores ao mar ;)

A Raíña Vermella disse...

Que bonito, o dito e mais a tradición:) Supoño que hai cousas que se seguirán a celebrar sempre, baixo unha forma ou outra, por moito que as relixións oficiais queiran facer encaixe de bolillos coas vellas festas. Un bico.

Anónimo disse...

Vai a valentina da túa nai:que todos os días teñas bicos,que todas as noites teñas abrazos,que todos os anos teñas as fadas do amor. a fada despistada

Lúa Neghra disse...

Madreeeeeeeeeeeeeeee!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo disse...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!

Anónimo disse...

I'm really Glad i ran across this website.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!