26.2.07
Dia Sem Terra
Xa o dicía o Raymundo, a terra queima. E Mijail, que a terra é de quen a traballa. Pero hoxe quería escoitar que sae pola boca deste cativo, adulto precoz. Outro trabalhador rural sem terra.

14.2.07
Día de amor cecais...
Non comungo cunha festa cristiá que enxalza o amor monógamo, heterosexual e politicamente correcto, que nos fai consumir coma greas produtos de luxo que lle custan a saúde ou a vida á xente que naceu na parte do mundo que a outra parte expoliamos. Pero hoxe, igual que hai un ano, mamá non deixa de alegrarme o día.
Pero andamos a outra cousa. A transcribir as palabras salgadas da xente que hai trinta anos defendía a súa terra, con paraugas, con carraxe. Quero ir máis alá do mito, pensar no día de hoxe, pensar porque seguimos sendo a comunidade que bota ao aire un TERZO das emisións de dióxido de xofre no Estado. Levo unha semana coa inquedanza fervendo no sangue. Aínda bebo información de boa fonte que a fai ferver máis forte: "O sector industrial galego, cativo e desartellado, e nalgúns casos altamente contaminante, xunto cunha permisividade lexislativa que lembra máis aos países do Terceiro Mundo que aos da CEE (daquela), é causa e orixe de que os galegos teñamos que soportar un grao de contaminación que nos acerca aos países industrializados de Europa, cando de ningunha maneira podemos compararnos noutros aspectos (nivel de vida, sector industrial, etc.). As indústrias que veñen instalarse á Galiza fan tan só algunhas das fases dos procesos de produción, e curiosamente as fases máis contaminantes". Así escribía Ramón Varela n'A Nosa Historia, decenario publicado por A Nosa terra no 1980, nun artigo titulado "A contaminación industrial". Tamén o podemos escoitar aquí:
Poñía como exemplo a pasta de papel fabricada en Pontevedra, "que se exporta porque o proceso de elaboración de cartón, papel, etc., é moito máis limpo". Lembro o día en que fixen 22 anos (cando eu traballaba, precisamente, no "prestixioso semanario") porque os administrativos de Ence tomaran por asalto un pleno no Teatro Principal de Pontevedra. Aínda teño a cinta no que se escoita aos que estaban na porta (a policía non me deixara entrar por non estar acreditada) asegurando que se nos quitaban celulosas, Pontevedra había morrer de fame. "E o delito ecolóxico e de saúde que cometen?", preguntei. "Boh, aquí hai dous cancros e en seguida lle botan a culpa a Celulosas" (!!!). Ogallá fosen só dous cancros, meus. Un día hei subir a entrevista en mp3...
Somos unha grea: convéncennos de que para comer e vivir temos que defender un posto de traballo nunha industria que mata o noso ecosistema e a nós e nolo cremos. O que máis graza me fixo aquel día é que aquela xente que se manifestaba eran persoal administrativo, á que tanto lle tiña se a fábrica estaba en Lourizán ou non. Non eran traballadores dos de DENTRO do monstro, deses que morren cando hai fugas de cloro e así. Algo cheira a podre...
Pero andamos a outra cousa. A transcribir as palabras salgadas da xente que hai trinta anos defendía a súa terra, con paraugas, con carraxe. Quero ir máis alá do mito, pensar no día de hoxe, pensar porque seguimos sendo a comunidade que bota ao aire un TERZO das emisións de dióxido de xofre no Estado. Levo unha semana coa inquedanza fervendo no sangue. Aínda bebo información de boa fonte que a fai ferver máis forte: "O sector industrial galego, cativo e desartellado, e nalgúns casos altamente contaminante, xunto cunha permisividade lexislativa que lembra máis aos países do Terceiro Mundo que aos da CEE (daquela), é causa e orixe de que os galegos teñamos que soportar un grao de contaminación que nos acerca aos países industrializados de Europa, cando de ningunha maneira podemos compararnos noutros aspectos (nivel de vida, sector industrial, etc.). As indústrias que veñen instalarse á Galiza fan tan só algunhas das fases dos procesos de produción, e curiosamente as fases máis contaminantes". Así escribía Ramón Varela n'A Nosa Historia, decenario publicado por A Nosa terra no 1980, nun artigo titulado "A contaminación industrial". Tamén o podemos escoitar aquí:Poñía como exemplo a pasta de papel fabricada en Pontevedra, "que se exporta porque o proceso de elaboración de cartón, papel, etc., é moito máis limpo". Lembro o día en que fixen 22 anos (cando eu traballaba, precisamente, no "prestixioso semanario") porque os administrativos de Ence tomaran por asalto un pleno no Teatro Principal de Pontevedra. Aínda teño a cinta no que se escoita aos que estaban na porta (a policía non me deixara entrar por non estar acreditada) asegurando que se nos quitaban celulosas, Pontevedra había morrer de fame. "E o delito ecolóxico e de saúde que cometen?", preguntei. "Boh, aquí hai dous cancros e en seguida lle botan a culpa a Celulosas" (!!!). Ogallá fosen só dous cancros, meus. Un día hei subir a entrevista en mp3...
Somos unha grea: convéncennos de que para comer e vivir temos que defender un posto de traballo nunha industria que mata o noso ecosistema e a nós e nolo cremos. O que máis graza me fixo aquel día é que aquela xente que se manifestaba eran persoal administrativo, á que tanto lle tiña se a fábrica estaba en Lourizán ou non. Non eran traballadores dos de DENTRO do monstro, deses que morren cando hai fugas de cloro e así. Algo cheira a podre...
2.2.07
Día das Candeas
Hale, acabouse. Outro venres que dan as tres e media e sigo na oficina, pero marcho a comer (lixeiro, que esta noite hai churrasco... Ou algo) e a prender candeas, aínda que a misa non as levo, non. Primeiro, porque non podo entrar nas igrexas ao non estar bautizada, e segundo porque non me peta. Préndoas na casa, e cadaquén que celebre a Candeloria como Dios lle dea a entender ou non. Encántame este día: casan os paxariños e aos gatos remátalles a xaneira... entendido, Ghandoi? A ver se é verdade.
19.1.07
Diei Irae
Non podo máis... Loito contra o tempo para asentar na miña cabeza conceptos que levaban sete anos mortos. O próximo día 22 (feliz aniversario, mamá!) enfróntome a Sallustius e a súa versión De Catilinae coniuratione. Tamén, ter que traducir a Caius Crispus neste día consagrado á festa... A isto engádese o feito de saber (xa o intuía, pero agora son consciente) que son miope. E ademais escollín o mellor día (vaia, eu non, a sanidade pública) para comprobalo: este mércores, o que significou ter as pupilas dilatadas polo líquido que me botaron ao longo dun día en que estivemos pendentes de Monte Pío (para rematar frustrad@s) e non parei de teclear e mirar para a pantalla. Xa o dicía a doutora, ben riquiña, por outra parte, (Soledad Pintos Peñaranda, será irmá de Mariluz?): "Buff, ordenadores... A primeira causa de miopía no século XXI". Pois vou dada...
Teño a cabeza a estourar de declinacións, infinitivos históricos e ablativos absolutos mentres tento aquelar a axenda de fin de semana e pór no seu sitio unha entrevista cun señor de Ordes, que me informou da impresionante exposición sobre Memoria Histórica que montaron alí. Descubro, polo camiño, que nacín o mesmo día que Foucellas: 22 de outubro. É curioso. Tamén Franz Listz, John Reed, Dámaso Alonso, Sarah Bernhardt, Catherine Deneuve e Joan Fontaine naceron ese día. De compositora non teño nadiña, por desgraza, pero fanme graza dous escritores e tres actrices. De guerrilleira non sei se teño moito, pero síndrome de Rebecca, un monte del. Que reviradiñ@s somos os que nacemos nese estraño límite entre balanzas e escorpións, cun pé rexido por Venus e outro por Marte. Amor e guerra, eros e thánatos.

28.12.06
Día de calor (e de inocencia)
Cambiou o conto. Uns días no lar, volta ao traballo á espera de noticias, nestes días de fútbol, a volta á casa de eue onte á noite, que andaba tamén polo seu lar... Acabo de chamar á mellor contadora de contos do mundo para entrevistala e desexarlle moita merda para o sábado, estou soíña na redacción (os homes van no fútbol, o que son as cousas), e aproveito cinco minutiños entre novas culturais para colgar esta cousa bonita que me deu moita calor:
está na Galería Sargadelos, é obra de Rosalía Pazo, e enmárcase nunha exposición de Implicad@s sobre a explotación de mulleres no sector téxtil. Logo de falar con tres desas mulleres e convertilas nas miñas heroínas, faime graza atopar o meu nome bordado neste contexto. A intención era que as artistas collesen roupa feita co sangue, suor e bágoas de mulleres explotadas, xa usada (pezas de Zara, Bershka, etc.) e as "decorasen".
Ben, a seguir traballando. Inocencia e caloriña para tod@s!
está na Galería Sargadelos, é obra de Rosalía Pazo, e enmárcase nunha exposición de Implicad@s sobre a explotación de mulleres no sector téxtil. Logo de falar con tres desas mulleres e convertilas nas miñas heroínas, faime graza atopar o meu nome bordado neste contexto. A intención era que as artistas collesen roupa feita co sangue, suor e bágoas de mulleres explotadas, xa usada (pezas de Zara, Bershka, etc.) e as "decorasen".Ben, a seguir traballando. Inocencia e caloriña para tod@s!
24.12.06
Días no frío
Non se para. Andamos aí preto dos cero graos, e todo está frío. As rúas, os ánimos, as forzas... Neste día en que se celebraba antigamente o solsticio de inverno, e, despois da cristianización, o nacemento dun cativo nun cortello (como se non nacesen cativos en cortellos todos os días), volvo ao lar materno, nesta viliña cheirenta que me viu nacer. Vai frío, un frío de ausencia que se coa por ente os ósos. Tento empezar Rayuela, que xa ten delito non lela despois de tanto cavilar sobre literatura e hipertextualidade. Poreime ao día cos apuntes de 1º, tamén. Volvo ser unha alumna aplicada no medio de rapaces máis novos aínda có meu irmán, e síntome tan estraña... Pero aí estamos, aprendendo a mesóclise dos pronomes átonos portugueses, lendo a Coseriu e lembrando a Retórica. Iso gárdame un pouco do frío: era necesario ir quentando a cabeciña, que se me empezaba a conxelar. Mellor tela ocupada.
Na casa nova non vai tanto frío, pero non se pode esquecer que estamos na Poza, en Bar (seguramente veña dunha raíz precéltica *barr que ten que ver cunha forma do terreo fonda, en forma de val, Cabeza Quiles dixit). O Ghandoi non dá socializado co gato do veciño, que se lle achega a tomar contacto como animal educado que é, pero este meu toutizo asústase e vén ás miñas saias ou entra na casa, cando non lle funga. O outro pobre ha botar de menos á moito máis sociable Ulises (sigo infundíndolle ánimos mentalmente todos os días que miro o seu antigo territorio).
Vou buscar no medio desa cantidade inxente de roupa que deixou Marita co seu labor cosido polos bordes, en concepto de enxoval, cousas que dean calor.

30.11.06
Día dos Andreses
25.11.06
O día despois
Mimadrequirida. Estou feitiña pó despois da macroinauguración do niño novo. Cheguei acontar vinte e sete persoas! (e máis o ghato) a bailar, beber e rir. Momentos míticos: m)alicia e máis eu bailando na bañeira, conga pola sala e a cociña, momento cantautor vestido de soldado do Berlín Leste do eue con acompañamento de pandeiretas, a performance de Chus facendo escenas pronográficas entre unha vaquiña de peluche (que se lle apretas a barriga fai "muuuu") e a vaquiña que hai pintada nun vaso (que tamén pon Moooo, conócese que a vaca do vaso é anglófona) e os exercicios ximnásticos coa barra. E, mágoa que fose vivido en solitario, o momento no que volvo a casa e descubro que non teño as chaves, tento aghabear e entrar pola fiestra da cociña, que está entreaberta, non dou (ben, a casa é segura, é imposible que nos entren a roubar), e descubro que as chaves quedaron preto da fiestra, na mesa da cociña, tento enganchalas cun boli, pero móvoas o xusto para que caian ao chan e esgoto a miña última posibilidade. Quero chamar a eue, pero o móbil tamén quedou dentro. As cabinas da Porta Faxeira coñéanse de min, solto varios improperios contra Telefónica, subo ao Avante, onde deixei ao kolhós todo, e non están, chamo dende Cervantes. Están no Maycar (como non!). Pois veña, a seguila.
Pero hoxe, de tranqui! Imos ver a un colega que hai tempo que non miramos... Outro animaliño escénico. E para a cama cediño, que falando de animalidades escénicas, mañá tócanos en Porto do Son, e hai que estar espelida para cargar a escenografía, descargala, montala, preparar o atrezzo, desmontala, recoller, volver cargar, volver descargar... Ah, si, e representar a obra tamén. Veña, ata outro día en que teña máis lucidez e algo máis interesante que contar...

3.11.06
Día de paz... Por fin!
Non o podo crer. Rematou outubro. A muda de pel, a muda de casa, a muda de tantas cousas... Teño unhas maniotas que non podo con elas, ademais de feridas e negróns varios, pola carga, descarga e transporte dos meus efectos persoais dun lugar a outro. Paso de ver aos peregrinos que entraban polo Camiño Francés, coa Catedral como guieiro, a orientar aos que non se conforman co Camiño cristianizado, e fan a viaxe de verdade, ata a Fin da Terra. Do Medio á Poza. Estou tan feliz que non o acabo de crer.Sobrevivimos á mudanza, sobrevivimos a tantas cousas... Na última semana vivín o desgaste físico e intelectual máis "jevi" da vida. Levaba moito acumulado, tamén. Coa de veces que teño montado e desmontado escenografías, a verdade é que a mudanza non debía significar nada. Pero o caso é que xa foi, xa pasou, xa están miles de libros, de cedés, de pezas de roupa e de cacharros de cociña onde teñen que estar, xa está na Rede o que ten que estar, e xa debe estar na UXA, tamén a matrícula que máis rapidamente resolvín na vida: unha hora e media entre teclear sinopses de filmes de Ghobadi e Kaurismaki abondou. Xa podo respirar...
Comezou novembro, un Samaín novo que se anuncia tranquilo. Só queda baleirar caixas, ordenar as cousas, e ordenar a vida. Estou como o Ghandoi, que anda flipado pola nova casa investigándoo todo, cheirándoo todo (rastros de Ulises, se cadra), e gozando do novo espazo por percorrer. Xa mudei a pel, como un verme na crisálida. Agora que temos cadanseu cuarto propio dentro dun espazo común, volvo ter a mesma sensación de hai case un ano. A ver que me inspira esta casa que Cesare deixou cargada de boas vibracións... De momento, o impresionante escritorio que seica saíu dun barco aportado e Mugardos xa incita abondo.
6.10.06
Días para mudar de pel (ou eterno retorno)
Levo case un ano con esta bitácora aberta. Aínda lembro o primeiro post, que xurdiu da resaca do meu vixésimo terceiro aniversario. É incrible como daquela quería reflectir todos os cambios que levaba vividos no último mes, e agora boto a vista atrás e dame vertixe mirar para os 23. O outro día, correndo do Clube Internacional de Prensa para o Concello, extasiada despois de escoitar a Galeano, volvín sentir ese formiguiño xornalístico na boca do estómago dos vellos tempos. Eterno retorno...
Mudo de pel literalmente. Nesta época caen as follas, remata a vendima, comezan as castañas e o viño novo, e eu tamén cambio de casca e renazo. Fisicamente, na miña loita que non decae, malia ter un momento de autocondescendencia este sábado en Serbia-Monterroso (pero é que despois dun cocido impresionante, ben acompañada, con banda sonora inmellorable e no momento café-chupitos tiña que ser...) E emocionalmente tamén: xa van tres este ano. Cheguei á conclusión de que padezo algo parecido á síndrome de Dióxenes, pero ao revés: na vez de buscar lixo para traer á casa, busco casa na que meterme cos meus bultos. Son adicta ás mudanzas. Ás mudas de casa e de pel. Primeiro foi Plattdorf quen nos prestou o seu "niño" durante aqueles catro días. E agora que Cesare marcha, "herdamos" casa. Quedan convidad@s á inauguración oficial, ou "festa da caixa", como diría m)alicia, aí polo Samaín, máis ou menos!

22.9.06
Días de cambio
A verdade é que a miña situación non cambiou moito nun ano, se ben mellorei algo a miña competencia lingüística e para me entender co fedello. A independencia trouxo moitas cousas, pero tamén suprimiu outras. Agora penso en prioridades, que hei deixar noutras mans que teñen máis dispoñibilidade, que hei levar adiante, con que seguir loitando...
Un/ha non para de cambiar e atravesar espellos...
15.9.06
Días de equinoccio
Acábome de dar conta de que hoxe fago un ano aquí...
7.7.06
Días de festa (malia todo)
Pois si, a vida segue sen ela. O máis duro foi xusto despois do post anterior, chegar á miña casa. Soa. Entón fun consciente. O peor son eses momentos de consciencia da morte, cando realmente te decatas de que rematou. O resto do tempo non acaba de ser real. Pero teño unhas ganas tolas de ir a Pantín a apañar careixós...
Fixemos cousas moi raras, como rescatar as flores que quedaban apodrecendo en cCtabois e encher a casa de Pantín con elas. Outras levámosllas a Teixido, que foi a súa última viaxe (aínda menos mal). Aproveitei para coller sanandresiños para todo Dios, un cirio laranxa para os estudos (as opos de Eue e o meu... algo) e roscas, brancas e morenas. A señora que mas vendeu deume un pouquiño de herba ("Sabes como funciona, non? Se tes un amoriño por aí tes que lla meter no peto, pero sen que se dea de conta...") Aqueles cantís si que son a fin do mundo.
Falando de cirios, tremendo cirio montamos o sábado pasado. Tanto foi así que quedei co cirio en cuestión na casa (tamén cun paquete de tizas de pintar oui-jas e un vasiño que houbo que tiralo, porque o espírito de Rosalía o arrefreghou tanto contra a pedra que tiña o bordo escachado). Nunca estivo tan bonito o barrio, coa rúa toda para a xente, sen coches a pasar. Alá o sábado á tardiña eue e máis eu fixemos de mestres de cerimonias, estilo Marina Abramovic, camiñando por riba do muro, dun acontecemento precioso. Dani describiu aos homes dos países pequenos (os que comen porco e votan fascio?), Antía vestiuse toda de poemas (e eu arrinqueille tres, nunca pensei que ía espir poetas en público), Branca meteunos nun hotel co seu corpo, e como remate apareceron tres tolas que lle puxeron o punto metateatral (ou metapoético, xa non sei) á tarde. Que cousa bonita. Milleiros de grazas dende aquí a tod@s, a todo o público, e sobre todo ao público aqueixado de resaca que estivo alí, tamén (e aos que non estaban porque a resaca e as trinta horas sen durmir puideron con eles pero estaban en espírito, tamén ;)
O día anterior fora moita festa tamén, e, tendo en conta que era o último día para nós vacinar contra a meninxite e alá fumos Nerea e mais eu, e claro, despois de meter aquilo no corpo non podía beber, e quedáranme as chaves na casa e as do eue non abrían ben (a de fóra, só) e non era plan chamar aos veciños ás doce da noite, e non puidemos facer programa porque o aparello non nos fai caso, e tiña a regra e moi mala hostia... Fóra diso, tudo bem. Estar no barrio coa xente que coñeces dende pequena, ou dende hai menos tempo pero que queres ben, escoitando músicas bonitas, sándao todo. Ui, que tarde, marcho, que vou de gala!

16.6.06
Día de loito
É duro de asimilar, pero miñabuela xa non está. "Parecía indestrutible", dicía meu irmán. Pois é certo, parecía que Marita non ía acabar nunca. Pero sei que non marchou de todo, que algo dela quedou connosco. Quedan as súas palabras, "canfurneiro/a", "escachapedriñas", "cagho no cativo de Rita", "vai rezar" "vai á mosca", "que loca de Cañete"... Quedan as súas mans gastadas da lixivia e da cociña en cada recuncho da casa de Pantín... Queda a receita do arroz con leite que facía polo San Xiao, da "sopa de legumbre", dos freixós (moi parecida á que me deu Jan ;), pero cada cociñeira ten a súa técnica...), da "lechefrita"... Quedan as súas expresións na miña cara, na do meu irmán e a miña nai, os tres orfiños que deixou... Quedaron as súas historias da guerra, a súa memoria. Queda o seu baby colgado tras da porta da cociña, que parece que o vexo andar pola casa e que escoito os axóuxeres (non sei onde os levaba, pero sempre que andaba pola casa soaban axóuxeres)... Queda o seu riso no salón, debaixo da mantiña coa que sentaba no sofá a comer a súa froita e mirar a tele... Os seus dos pares de lentes (os de preto e os de lonxe, que ás veces poñía os dous á vez porque lle encantaba estar no allo e máis no tallo, non perder detalle nin da "novela" da tele nin do labor que estaba a facer)... Quedoume unha colcha de labor súa, por certo, que vou poñer xa (sempre me dícía: "téñoche para cando cases manteis, toallas, colchas"... Todo co seu labor feito. Ultimamente xa era máis realista e dicía "téñoche para cando vivas soa...")... Queda a súa voz rezando o rosario mentres facía as camas, que tiñas que facela correndo antes de almorzar se non querías que cha fixese ela nun descoido... Non nos deixaba facer nada, tanto é así que custounos ben atopar o cadro da luz e a chave da auga de Pantín, porque Marita controlábao todo. Non paraba. E cando parou, parou de vez. Supoño que non aguantaría estar sen poderse mover e que houbese que coidar dela. Esta muller, con tal de non molestar... É igual. Agora está no nicho co seu home, con Pepe, o "Cho". Pero eu sei ben que quedou en nós...
2.6.06
Un día aínda vou rebentar...
Esta cousa gore-kistch é un fragmento dunha foto titulada "Aye, me (heart explotion)", de Alex McQuilkin. Pareceume axeitada...Non paro. Síntome soa perante o perigo,
fago equilibrismos para que todo cadre, aínda teño que ir pagar o piso, atender aos pícaros, nutrir un programa de radio con algo de contido, e se dá tempo, era boa idea comer un pouco e durmir outro pouco. Mañá será outro día...
Aínda que estou demasiado cansa como para ir. Como diría m)alicia, non sei se as frita, non sei se as coza. Ou se non as faga, directamente. Voume declarar en folga de lecer, que ás veces é unha carga maior có traballo (abonda con lembrar o sábado pasado, cheo de situacións comprometidas...) Tiven conversas interesantes con María, e descubrín que é verdade iso de que abonda con estar emparellado para espertar morbo... Na mesma noite se me manifestaron sendos intereses polos dous membros dunha parella. Difícil de esgazar, por outra parte. Ánimo, que mañá é festa... Eu tamén iría, se non fose porque Carboeiro chama por min, e a voz das augas do Deza sempre me foi moi convincente. Voulle facer caso a Brais e probar a bautizarme nel (así de coña, eh, sen contido relixioso), a ver se renazo...
21.5.06
Días de Letras
Tamén conseguimos que o martes a Alameda estourase en música, en ganas de empanada, de viño, de licor café, de cervexa (ao final, acabamos os 650 litros unha hora antes de rematar o concerto!!!) e de festa. Acabamos malladiños, pero alí estabamos, itaqueir@s, parrul@s, encantad@s, abert@s e sobre todo nov@s. Tamén funkis, brasileiros, powerpopeiros, punkis, kañautor e rockeiros estiveron tremendos.
Así nos custou ao día seguinte, a Eue e a min, chegar até o Obradoiro. Pero ver as nos@s pícar@s coa súa pancarta pagou a pena.
E así andamos, gozando de festas e máis festas para celebrar que aínda temos unha lingua de noso. Aínda falta a Resaka... (ei, rapás, non te queixes, que aínda che fago publicidade). Eu acabo de redescubrir o pracer de ler na miña nova e silenciosa casiña. Devoro libros, e o Ghandoi tamén (pero el literalmente). Para ser tan noviño xa ten uns gustos literarios bastante perfilados: Cervantes non lle cae nadiña, xa zapateou as novelas exemplares polo cuarto. tamén tirou do andel outra das miñas xoias, a edición ilustrada por Tenniel das dúas Alicias que me regalou miña nai ao facer sete anos. Pero Lewis Carroll xa lle debe de gustar máis, que o deitou de xeito que caese aberto e o puidese ler.
E agora que estou arrasando cos de Narrativa de Xerais, el métese na cama comigo e está ben tranquiliño até que lle dá a fame: a Navaza débeo atopar soso (non o vin eu así, eu limítome a interpretar as impresións do ghato), porque Erros e Tánatos non mereceu as mesmas mordidas apaixoadas que recibe agora Suso de Toro (Calzados Lola é grande de máis, así a todo, para a dentamia deste pequecho, e non dá feito). Onde roímos os dous con auténtica entrega foi en Rivas: En salvaxe compaña tívome entregada e intrigada durante dúas noites, amais de facerme escarallar por veces de xeito que os meus veciños xa deben empezar a ter medo de que lles tocase unha tola no segundo. E Ghandoi atopouno delicioso, a xulgar polo xeito en que lle chantou os dentes. Se cadra é polos ratiños que ten dentro... Hai que lles ter un respecto, que eran almas de paso cara Teixido. Cando o pensei mireino aos ollos (xa sans, "lerchos e azuis")... El non haberá algunha alma perdida no corpo deste siamés-palleiro? Quedáballe preto, Maniños non está lonxe de esoutra fin do mundo que son os cantís de Santo André... Vou mirar ben o que falo con el, non vaia ser que logo ande lercheando cos gatos da casa do lado coma os ratiños de Rivas...
14.5.06
Días de aniversario
Ademais, o día das Letras, de Internet e de non sei cantas cousas máis é tamén o noso día da Música e da Lingua. Outros xa tiveron que loitar cos xestores culturais da cidade para faceren a súa festa, que finalmente foi un éxito malia que lles cortasen a luz ás doce da noite. Os músicos seguiron tocando, e mesmo baixaron do escenario e se mesturaron coa xente para demostrar que a cultura facémola nós, os que estamos na rúa, os que pegamos cartaces que a policía arrinca, os que subimos a música á rede por moito que "a nasa nos roube os discos de cumbias," os que contrainformamos, os que non calamos.
E nesas andamos, preparando o noso cuarto concerto, tirándonos dos pelos porque a ver a quen se lle ocorreu a animalada de 650 litros de cervexa, cando quedamos en que 400 eran abondo (alá vos quero ver a tod@s bebendo coma cosac@s!), decidindo a orde dos grupos, e se vai haber empanada de luras ou de mexilóns. Eue xa foi hoxe á casa materna a celebrar o aniversario (outro aniversario máis) paterno, e a ver se Nievitas tiña preparado o vestiario para a próxima actuación da gran diva. Xa tivo que ir socorrela en Oia, a ver que sorpresa nos agarda o martes... Máis fusión galaico-faralaes? Cravo ou rosa na orella? Volantes e topos ou dengue e mandil de gala? Basquiña ou escotazo de Rocío Jurado? A resposta, a partir das sete e media na Alameda...
E máis aniversarios. Falando de Eue, bótase de menos despois de marchar onte a Monterroso a mirar unha obra de arte. Nestes días tivemos moito que celebrar. Lembrei o maio de festas da Ascensión no que comezou todo, cando as rúas comezaban a cheirar a verán, e andabamos afanados por botalos... Os seminarios en común de xuño, cando estudabamos tirados na herba en fronte da facultade até que os apuntes de Monteagudo saían voando co aire... Aquel xullo de idas e vindas en campamentos e cursos da CTNL, a quincena de agosto no Entrimo, co pándigo dirixindo unha das experiencias máis bonitas das nosas vidas de monitores, o setembro dos cambios, o outubro en que a súa dobre vida só permitía vérmonos media hora comendo castañas na porta do ILG, o novembro de magostos e cineuropa, que non dabamos esgotado o bono, o decembro de máis cambios, o xaneiro do seu cambio, o febreiro de fríos e entroidos de última hora, o marzo en que comezamos a okupar as ondas, o abril da viagem, e de novo maio. De novo cheiro a verán na Rúa de San Pedro. E aínda o levo na pel.
Días de aniversario... Por certo, este é o meu post 33, xa! A idade de... Henry Miller cando escribiu A crucifixión rosada (Sexus, Nexus e Plexus). Parabéns para tod@s...
7.5.06
Día das nais...
Porque alguén decidiu que os días consagrados á Virxe son axeitados para gastar os cartos en agasallar ás que nos pariron. Polo tanto estou no Lérez, coa que me pariu e coa que a pariu a ela, ao mesmo tempo. Eu parir non parín, pero teño un pequecho que coidar na casa. Ten un olliño enfermo e ademais teño medo de que para combatir o aburrimento lle dea por arañar as cadeiras e destrozar documentos importantes, que son as afeccións felinas por excelencia. Foi unha fin de semana movida, despois de días de mudanza, de traballo intenso, de asumir responsabilidades novas, de facer o mellor programa de radio en moito tempo grazas ao bo facer de m)alicia, e de facer de assistant manager nunha das paraxes máis fermosas da nosa costa, para unha diva a quen o despiste levou a experimentar coa hibridación galaico-andalusí, e resultou unha interesante mestura de cabeza lolailo (os pendentes vermellos e a flor, cortesía de Nievitas) e corpo de bailadora galega (eu tiña que velar pola integridade do traxe, e a verdade e que se pasa mal mirando a un punki facer cousas de punki cun dengue e un mandil de gala que teñen que rematar con todos os abalorios de azabache íntegros). Días intensos, si. E agora voume despedir da miña nai e da nai da miña nai e volver á miña casa a facer de nai co Ghandoi (o nome vén de Fene, como el... Non me preguntar polo significado).
29.4.06
Día da danza
...danzando de arriba para abaixo, do Franco para o Medio. Teño casa nova. Alucino co silencio! Quitando aos gatos á xaneira que teño na casa do lado, non oio un chío. Dios, que descanso despois de pasar cinco meses escoitando as gaitiñas dos todoacén (ganas tiven de chantarlle un carteliño á tenda: "Pais e nais tentados de lle mercar unha gaita aos cativos: sede conscientes de que despois ides ter que escoitalos"), ou as xoldas nocturnas (última consigna: "Viva el botellón, abajo el garrafón!", e eu aí solidariceime). Podería facer un estudo do corpus lírico do Franco os xoves á noite, hai material abondo.Pero agora volvo á miña casa de verdade, ao que algúns definiron moi acertadamente como "o mellor barrio do mundo", a mercar na Sofi e a saber cando tocan os Estalotes. Hoxe xa coñecín unha veciña... Volvo á vida.
23.4.06
Días de memoria
Hai 160 anos, en San Martiño Pinario, a estas horas máis ou menos, ía ao tacho unha revolución. Non sei que ten abril que é data de revolucións, de cambios, de darlle a volta ao mundo.
Neste día da memoria dos mártires non podo evitar lembrar a memoria da vitoria dunha voz sobre as ondas (puiden pegarme o gustazo de pinchala en directo o venres, e pregunteime que debeu de sentir a persoa que, un 25 de abril hai 32 anos, puxo este tema en antena). Vimos da viaxe, e todo nestes días lembra que o Miño non é unha fronteira (nin o Gêres /Xurés).
Mais non puidemos agardar ao 25: a viaxe tivo que ser no noso período vacacional, coincidindo co 14 (Porto-Coimbra-Lisboa), outro día revolucionario, abofé. Tamén é o día no que a miña madriña Reyes fai anos. O nome venlle de que os seus pais eran monárquicos dereitos, e iso de que a filla lles fose nacer un 14 de abril non lles gustara nadiña...
Outro Reyes que tiña ben pouco que ver coa monarquía foi o meu tío bisavó. Tiña 21 anos e era mariño. Acababa de casar e ía ser pai. Pero ía nun barco con bandeira republicana, e cando lle preguntaron se renegaba desa bandeira, el dixo que non. A miñabuela Marita, a de Ferrol, a nai da miña nai, aínda lembra. Memoria. Cando era pequena, foron a San Simón, onde el estaba preso, a falar de que ían buscar un avogado. Ela era pequena. Pero aínda lembra como atravesaban a ría de Vigo en barca, de volta de San Simón, e escoitou os tiros. Chamábase Reyes, pero era republicano. Mariño. 21 anos. Acababa de casar e ía ser pai.
Miña abuela tenlle moita querencia a Vigo, porque é onde pasou a súa infancia, naqueles anos macabros. Os irmáns esparexéranse en varias casas familiares, por Ferrol e Compostela, e a ela tocáralle Vigo. Pero non pode evitar pasalo mal cando atravesa Rande, cando pasamos pola Ría e mira San Simón. A memoria, é o que ten.
Subscrever:
Mensagens (Atom)