Comeza o outono:
O 15 de setembro remataron as miñas vacacións e tamén rematou a miña esperanza.
Antonte merquei o primeiro cartucho de castañas cando ía ao seu encontro.
Onte arroiaba coma n'A Esmorga: a choiva peta na pedra e o licor café nos ánimos.
Hoxe chove e sae o sol, "anda o demo por Ferrol", e o cordón umbilical turrou por min moi forte
ás seis da mañá, para lembrarme que foi cortado hai vinte e tres anos, pero que queda un fiíño transparente, coma de arañeira.
22.10.05
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Á ligazón de Madre fáltalle o ".html" ao final.
Benvida.
bonito blo... que dure!!!
Enviar um comentário