Nacín na Ría, enfronte dun monstro velenoso que lle cuspía veleno ao mar.
De cativa gustábame rubir as árbores e pasar horas no mar. Tamén andar a inventar contos.
De grande pasei catro anos lobotomizada nunha facultade que chamaban de Ciencias da Comunicación, onde non aprendín a comunicar nada.
Despois decidín doutourarme en Filoloxía, porque se cadra era máis correcto dicir que o meu é o amor pola linguaxe que "ciencia" da "comunicación."
E hoxe traballo coas Palabras. Amo. Vivo en Compostela. Fágome preguntas. Son feliz.
1 comentário:
É moi tenro. Por sorte, sempre acaba saíndo o sol e da gusto ver cómo se disfruta das cousas sinxelas, polas que non hai que pagar.
Un saúdo.
Enviar um comentário