9.9.08
Días de busca...
Aquí botei 16 anos da vida (onde a bandeira de Nunca Máis e o micho).
Aquí durei cinco meses por culpa do ruído, pero coñecín a primeira sensación de autonomía.
Aquí fun enormemente feliz durante seis meses, e aprendín a convivir co Ghandoi (que non é doado).
Aquí vivo. Levo dous anos en que gocei arreo, sufrín abondo e sobre todo aprendín moito. Volvo atoparme nunha encrucillada, nunha sensación estraña de morriña mesturada con curiosidade. Agora, como hai tres anos, toca abandonar o niño.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
muita sorte!
Vas atopar esta semana, xa verás. Non chega á parrocheira, seguro
E ictioscopio con recochineo, non? :D
Ao onde vaia, olle a súa sombra, alí estaremos
Ian, cantísimo tempo! Es testemuña dos meus cambios de domicilio dos últimos anos, a ver onde vou dar agora.
Graciñas polos ánimos, Zero e Ictio. Sobre todo a Ictio :P Que sexas moi feliz no piso novo.
Pois tiñas razón, Zero, non chegou á Parrocheira ;)
Enviar um comentário