Os trasnos existen: son uns seres máxicos que andan por entre nós coma quen que son xente normal. Pero un trasno distínguese do resto da humanidade por varias cousas:
- Levan música e festa alá onde van.
- Adoitan levar puchos de cores vivas e con formas divertidas.
- Sempre locen un sorriso enoooorme. É máis: teñen o poder máxico de contaxiarlle o seu sorriso a todo o mundo.
Eu hoxe topei as sorpresas que me deixou un trasniño penduradas nunha árbore, na Porta do Camiño, e dende primeira hora da mañá teño un sorriso enoooorme e non o dou quitado. Nin quero :D
22.10.08
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
parabéns, lerchista!
e agora hai que mantela até a noite, ou?
bico grande
Mmm..
Agardo que os trasnos sexan bos!
Un bico ghrande :P
Menos mal que non cambiache de perfil e que recoñecín a mítica lúa porque xa pensei que me equivocara de dirección!
Está ben iso de aliarse e deixarse agasallar polos trasnos, sobre todo se son trouleiros ;D
Si, conmemorando os tres anos deste trebello decidín darlle un lavadiño de cara. Non era sen tempo... :D
os pintores que pintan paredes xa remataron. a partires desta finde xa volto ser veciña se san pedro coas cousas desencaixadas e a neveira funcionando... a mudanza foi tremenda, e a cara dos veciños vendo como subía sete plantas ao lombo aínda máis. estou feliz de voltar ao barrio. vémonos, veciña e quedamos para un café ( ou té que me presta máis)
bicos
assim dá gosto...a menter essse sorriso!
beijos
Enviar um comentário