5.5.09

Días de bossa nova

O que fai o subconsciente. Nos últimos días eu notaba que non podía parar de cantar "Irene", de Caetano Veloso (graciñas pola corrección, Bouzafría).

Eu quero ir, minha gente,
eu não sou daqui.
Eu não tenho nada, nada,
quero ver Irene rir.
Quero ver Irene dar sua risada.
Irene ri, Irene ri, Irene.
Quero ver irene dar sua risada



E o luns a eue pasáballe o mesmo. Logo démonos de conta: tiña que ver co libro que eu tiña sobre a mesiña de noite, e que logo lle emprestei (o mellor que lin en moito tempo, amais). Isto é coma cando, sen sabermos por que, cada vez que un dos dous poñía unha lavadora empezaba a entoar "Allons enfants de la Patrie, Le jour de gloire est arrivé!" Un día reparamos no que poñía na botella de deterxente: Marseille. Seguro que tiña que ver. É curioso como hai teclas visuais que nos activan melodías na cabeza :)

4 comentários:

Sun Iou Miou disse...

Non podo crer que esa da marsellesa non dese para un haicú. Mi ma!

(A xente non pode parar un pouco de escribir ben, que unha non dá lido?)

eli disse...

e tu como sabes tantas coisas ;-P?
beijos agradecidos ******

bouzafria disse...

Perdón polo comentario, pero eu creo que Irene non é de Vinicius senón de Caetano ( creo que Irene é unha das súas irmás)

Lúa Neghra disse...

Toda a razón, Bouzafría. De seguido o corrixo, Graciñas!