Empecei a ter días destes hai moito tempo, e pensei que, co paso dos días, dos meses, dos anos, a morriña marcharía. Pero non.
8.11.08
28.10.08
Noite de lúa nova
Ou novilunio. Bo momento para podar árbores pequenas, emprender cousas dende cero, e non deixármonos levar pola tristura @s aluad@s do mundo. Cando xa case rematei a mudanza da casa, tamén teño que me mudar de oficina. Vou levar moi mal marchar deste paraíso onde podo ver case a Praza de Abastos por vinte minutos de camiñada para chegar a un baixo no Ensanche, pero doulle grazas á sorte de que non acabasemos no Polígono do Tambre ou cousa así.
Mentres, fago por afacerme (que cacofonía, non é?) á casa nova. Non custa traballo ningún, se non fose porque teño que ter un ollo cos meus túzaros... Onte decidiron marchar de expedición e tiven que rescatalos dende o patio da veciña de abaixo cunha esqueira que me emprestou (é unha riquiña) para subir ao tellado (a Ghandoi, vaia, que Catuxa ben que buscou a vida e baixou por si soa, nótase que a moza tivo que loitar na rúa). A ver como vai indo este ciclo lunar, logo, que despois de tanto cambio xa o corpo vai querendo unha miga de acougo...
Mentres, fago por afacerme (que cacofonía, non é?) á casa nova. Non custa traballo ningún, se non fose porque teño que ter un ollo cos meus túzaros... Onte decidiron marchar de expedición e tiven que rescatalos dende o patio da veciña de abaixo cunha esqueira que me emprestou (é unha riquiña) para subir ao tellado (a Ghandoi, vaia, que Catuxa ben que buscou a vida e baixou por si soa, nótase que a moza tivo que loitar na rúa). A ver como vai indo este ciclo lunar, logo, que despois de tanto cambio xa o corpo vai querendo unha miga de acougo...
22.10.08
Día feliz!
Os trasnos existen: son uns seres máxicos que andan por entre nós coma quen que son xente normal. Pero un trasno distínguese do resto da humanidade por varias cousas:
- Levan música e festa alá onde van.
- Adoitan levar puchos de cores vivas e con formas divertidas.
- Sempre locen un sorriso enoooorme. É máis: teñen o poder máxico de contaxiarlle o seu sorriso a todo o mundo.
Eu hoxe topei as sorpresas que me deixou un trasniño penduradas nunha árbore, na Porta do Camiño, e dende primeira hora da mañá teño un sorriso enoooorme e non o dou quitado. Nin quero :D
- Levan música e festa alá onde van.
- Adoitan levar puchos de cores vivas e con formas divertidas.
- Sempre locen un sorriso enoooorme. É máis: teñen o poder máxico de contaxiarlle o seu sorriso a todo o mundo.
Eu hoxe topei as sorpresas que me deixou un trasniño penduradas nunha árbore, na Porta do Camiño, e dende primeira hora da mañá teño un sorriso enoooorme e non o dou quitado. Nin quero :D
21.10.08
Última noite (no xardín do ben e do mal... perdón, na Poza de Bar)
Por fin, chegou o día! Mañá levo as últimas cousas (os seres vivos, vaia, Ghandoi, Catuxa e o xeranio, que aínda non ten nome), e acabouse. Hoxe limpei por derradeira vez este puto báter!
Xa sei que parece unha patochada, pero para min está cargado de simbolismo: non volver tocar un estropallo nesta casa faime inmensamente feliz. :D
Xa sei que parece unha patochada, pero para min está cargado de simbolismo: non volver tocar un estropallo nesta casa faime inmensamente feliz. :D
15.10.08
Días de censura
Esklabu erremintaria
Sartaldeko oihanetan gatibaturik
erromara ekarri zinduten, esklabua,
erremintari ofizioa eman zizuten
eta kateak egiten dituzu.
Labetik ateratzen duzun burdin goria
nahieran molda zenezake,
ezpatak egin ditzakezu
zure herritarrek kateak hauts deitzaten,
baina zuk, esklabu horrek,
kateak egiten dituzu, kate gehiago.
O escravo ferreiro
Preso nas selvas de occidente
trouxéronte a Roma, escravo,
déronche o oficio de ferreiro
e fas cadeas.
O ferro vermello que sacas dos fornos
pódelo moldear como queiras,
podes facer espadas
para que os teus paisanos rachen as súas cadeas,
pero ti, ese escravo,
fas cadeas, máis cadeas.
Joseba Sarrionandia
Prohibir a poesía é puro fascismo. Prohibir un espectáculo de danza baseado en poesía, unha patochada coma un mundo, directamente.
Sartaldeko oihanetan gatibaturik
erromara ekarri zinduten, esklabua,
erremintari ofizioa eman zizuten
eta kateak egiten dituzu.
Labetik ateratzen duzun burdin goria
nahieran molda zenezake,
ezpatak egin ditzakezu
zure herritarrek kateak hauts deitzaten,
baina zuk, esklabu horrek,
kateak egiten dituzu, kate gehiago.
O escravo ferreiro
Preso nas selvas de occidente
trouxéronte a Roma, escravo,
déronche o oficio de ferreiro
e fas cadeas.
O ferro vermello que sacas dos fornos
pódelo moldear como queiras,
podes facer espadas
para que os teus paisanos rachen as súas cadeas,
pero ti, ese escravo,
fas cadeas, máis cadeas.
Joseba Sarrionandia
Prohibir a poesía é puro fascismo. Prohibir un espectáculo de danza baseado en poesía, unha patochada coma un mundo, directamente.
12.10.08
Reflexións (en voz alta) de eue mentres dorme
(ou 'Os anacos da revolución son pequenos' II):
eue: Acabamos de inventar...
eu: O que?
eue: (rindo) ...o papel moeda estatal.
eu: O papel moeda estatal???
eue: Si... os tres, acabamos de inventalo.
eu: Quen, Catuxa, ti e máis eu? (os tres que estabamos na cama nese momento).
eue: (rindo) ...si, nós os tres.
eue: Acabamos de inventar...eu: O que?
eue: (rindo) ...o papel moeda estatal.
eu: O papel moeda estatal???
eue: Si... os tres, acabamos de inventalo.
eu: Quen, Catuxa, ti e máis eu? (os tres que estabamos na cama nese momento).
eue: (rindo) ...si, nós os tres.
25.9.08
Habemus...
23.9.08
Cabodano

La sombra que indagué ya no me pertenece.
Yo tengo la alegría duradera del mástil,
la herencia de los bosques, el viento del camino
y un día decidido bajo la luz terrestre.
No escribo para que otros libros me aprisionen
ni para encarnizados aprendices de lirio,
sino para sencillos habitantes que piden
agua y luna, elementos del orden inmutable,
escuelas, pan y vino, guitarras y herramientas.
Escribo para el pueblo, aunque no pueda
leer mi poesía con sus ojos rurales.
Vendrá el instante en que una línea, el aire
que removió mi vida, llegará a sus orejas,
y entonces el labriego levantará los ojos,
el minero sonreirá rompiendo piedras,
el palanquero se limpiará la frente,
el pescador verá mejor el brillo
de un pez que palpitando le quemará las manos,
el mecánico, limpio, recién lavado, lleno
de aroma de jabón mirará mis poemas,
y ellos dirán tal vez: "Fue un camarada".
Eso es bastante, ésa es la corona que quiero.
Quiero que a la salida de fábricas y minas
esté mi poesía adherida a la tierra,
al aire, a la victoria del hombre maltratado.
Quiero que un joven halle en la dureza
que construí, con lentitud y con metales,
como una caja, abriéndola, cara a cara, la vida,
y hundiendo el alma toque las ráfagas que hicieron
mi alegría, en la altura tempestuosa.
"La gran alegría", Canto general, 1950
12.9.08
Noite canfurneira (e parrocheira)

Canfurneiro/a: ferrolanismo probablemente derivado de "canfurna" (cavidade profunda producida pola erosión da auga do mar). Algunha relación habería entre estas covas e os antros de perdición para que canfurna sexa tamén sinónimo de barafunda, e se nos chame canfurneir@s a quen... o merecemos.
Foi a primeira palabra que escoitei neste día terrible, cando mo chamou eue ao chegar á casa (díxolle o pote á sartén, que el apareceu ás nove e eu levaba dende as seis da mañá na cama :D), e seguramente sexa a última: ao remate dunha xornada laboral que se anuncia dura, marcho con Zero e Mario á nosa terra nai, comer parrochas). E aínda non recuperei o corpo da festa de Salvaterra... Non teño gota de sentido, que diría miñabuela.
9.9.08
Días de busca...

Aquí botei 16 anos da vida (onde a bandeira de Nunca Máis e o micho).

Aquí durei cinco meses por culpa do ruído, pero coñecín a primeira sensación de autonomía.

Aquí fun enormemente feliz durante seis meses, e aprendín a convivir co Ghandoi (que non é doado).

Aquí vivo. Levo dous anos en que gocei arreo, sufrín abondo e sobre todo aprendín moito. Volvo atoparme nunha encrucillada, nunha sensación estraña de morriña mesturada con curiosidade. Agora, como hai tres anos, toca abandonar o niño.
5.9.08
Días de poesía...
Xa me tardaba chegar a esta cita anual coa festa, topar con xente que hai ben tempo que non miro e gozala moito durante dous días nas terras do Condado. Vai ser unha preciosa e necesaria paréntese entre días preguiceiros, co cerebro aínda bastante de vacacións e sen gana ningunha de traballar, nin de buscar piso, nin de estudar, nin de nada que non sexa prolongar artificialmente o verán nas barras dos bares. A ver se me serve para gastar a traca final da gana de xolda e á volta me centro unha miga...
PD Alguén sabe dun piso bo, bonito e barato por San Pedro? (volvo ao útero, e ao carallo). Nada moi grande, con collermos os michos e mais eu...
PD Alguén sabe dun piso bo, bonito e barato por San Pedro? (volvo ao útero, e ao carallo). Nada moi grande, con collermos os michos e mais eu...
22.8.08
4.8.08
Día de vagancia total e absoluta
Tento facer algo de xeito, pero o bo tempo e as moitas distraccións son inimigos declarados da investigación da construción de identidas lingüísticas mediante a análise crítica do discurso da prensa galega (xa buscarei un título máis curto).Despois de berrarlles a estes abuelos en Paredes de Coura e descubrir que Johnny Rotten fixo un pacto co demo (ben, descubrir non, confirmar), volta á casiña, tardes de estomballe en Bonaval ou na praia máis próxima e, si, algunhas horas dedicadas ao TIT. Polo medio, fago cinema experimental con Catuxa (como Viktor Kosakovsky, pero a falta de Svyato...)
27.7.08
Manhã, tão bonita manhã...
Aínda que escribo pasadas as dez da noite. Hoxe foi un día - mañá, un día tranquilo, claro, en que as cousas volveron ao rego. Logo de comezar as vacacións de xeito máis ou menos accidentado, varios días na cidade, patrón na aldea e relax na casa materna, volvín a Compostela para gozar, na noite de onte, do espírito de Vinícius, resucitado por unha horiña e media na Quintana, da man de Toquinho e Maria Creuza.
E hoxe, como por arte de maxia, recuperei o bolso que pensaba roubado e que, non se sabe como, chegou (con todo o seu contido intacto) á Terra do Sol. Unha das preocupacións, fóra. A outra, tamén: logo dunha semana recibindo trabadas e rabuñadas dunha gata furibunda que non aturaba as sesións diarias de colirios, xaropes e antibióticos, xa pasou. Catuxa superou o herpes virus con éxito, come coma un pepe, vai soíña á area e cada vez é máis autónoma. Aquí, en brazos de Morfeo (ben, nos de eue, pero para o caso...)
E hoxe, como por arte de maxia, recuperei o bolso que pensaba roubado e que, non se sabe como, chegou (con todo o seu contido intacto) á Terra do Sol. Unha das preocupacións, fóra. A outra, tamén: logo dunha semana recibindo trabadas e rabuñadas dunha gata furibunda que non aturaba as sesións diarias de colirios, xaropes e antibióticos, xa pasou. Catuxa superou o herpes virus con éxito, come coma un pepe, vai soíña á area e cada vez é máis autónoma. Aquí, en brazos de Morfeo (ben, nos de eue, pero para o caso...)
18.7.08
Día para bailar...
12.7.08
23 días
Por petición popular, sigo dando conta das evolucións da pequecha. Xa ten os ollos e as orellas totalmente abertos, miaña como é debido, e non como antes, que parecía un pitiño (eu diría que ten sete vogais e todo), e ten uns dentes que poñen medo (menos mal que o biberón non sofre nin padece, de ser o teto da nai moi mal o había pasar a pobre). Tamén é para sinalar que xa camiña, na vez de reptar, e a toda hostia, amais. Xa non a podo levar da excursión, porque a última vez que probei a metela no bolso non tardou nin medio minuto en chimpar fóra e aparecer na outra esquina da casa. Ten unha ganiña tola de explorar...A socialización? Ela lévaa moi ben, Ghandoi, daquela maneira.
28.6.08
Xa ten 9 días!
Perdón polo monotemática que ando ultimamente. Xa parezo a clásica nai pesada que só fai falar da súa nena, pero é que medra tanto, come tan ben (esta frase quere un dativo de interese, cómeme tan ben), e é tan linda, que non o podo evitar. Temos cita coa veterinaria dentro dunha miga para quitar os parasitos todos, pero podo adiantar que Catuxa duplicou o seu peso (se non o triplicou, porque está repoluda que dá ghusto), é unha loitadora nata e está para abrir os ollos. Catuxa vai ser o nome oficial, no rexistro da clínica, para que me quiten ese horrísono e castelanófono "Gatita" que puxeron a semana pasada, pero logo cadaquén que a chame como queira. Total, aínda non oe nada... Que riquiño Zero, cando llo contei ("e nós, preocupándonos, o xoves pasado de falarlle en galego!") Aínda que ten ben razón, Ghandoi pasa olimpicamente das veterinarias, que lle falan o castelán (e chámano Gandoi, con g oclusivo velar sonoro :D).A escolla? Pois non sei, supoño que os nomes coa orixe etimolóxica no grego katharós (pureza), tipo Catarina e os seus hipocorísticos, suxiren felinidade :D, pero tamén quería que tivese algunha marca que o situase no galego, e qué mellor que un x palatal, que, amais, é un son que aos michos lles encanta (veremos se as veterinarias non a chaman Catusa). E tamén é un nome moi xornalístico, pensando naquela publicación do XIX, A Tía Catuxa, "semanario galego de intereses e literatura rexionales". E a meniña xa pasou por dúas redaccións antes de ter unha semana de vida (como di m)alicia, vai saír "periodista incisiva"). Coa vidiña que teño, non me queda outra que levala ao chollo e chuzarlle o bibe entre noticia e noticia. Así andamos... Vai a ghata metida nun saco!
20.6.08
Cousa pequena...

Esta que atoparon onte @s ex compañeir@s soíña pola rúa. Aínda ten o cordón umbilical! Debeu nacer hai dous días como moitísimo. É femia, pesa 50 gramos e aínda non decidín que nome pórlle. Polo de agora, vou empezando a entender o cansazo das nais primeirizas, con isto de erguerme ás catro da mañá a facer biberóns... Aínda vou ter que pedir o permiso da hora de lactancia no chollo, para vir darlle o seu leitiño cada tres horas! Se alguén ten algunha suxestión onomástica... Eu pensei de todo, dende Ghumersinda ou Amparo ata Píxel, por chegar a min polos vieiros polos que chegou e porque é, de certo, unha unidade mínima.
6.6.08
3.6.08
Subscrever:
Mensagens (Atom)

