Nacín na Ría, enfronte dun monstro velenoso que lle cuspía veleno ao mar.
De cativa gustábame rubir as árbores e pasar horas no mar. Tamén andar a inventar contos.
De grande pasei catro anos lobotomizada nunha facultade que chamaban de Ciencias da Comunicación, onde non aprendín a comunicar nada.
Despois decidín doutourarme en Filoloxía, porque se cadra era máis correcto dicir que o meu é o amor pola linguaxe que "ciencia" da "comunicación."
E hoxe traballo coas Palabras. Amo. Vivo en Compostela. Fágome preguntas. Son feliz.
Sem comentários:
Enviar um comentário