2.4.06

Un día de abril


"Se está arrimando un día feliz..." Sae o sol e son horas de mudar de póla outra vez. Aínda non sei moi ben para onde, pero o caso é cambiar. Soño cunha casa onde poder durmir sen escoitar todas as noites "Alcoohol, alcohool,/alcohol, alcohol, alcohol.../Hemos venido/ a emborracharnos/ y el resultado nos da igual." Odio dicir isto, a risco de que xa non me chamen señora, senón abuela, pero... Que xuventude, diormío. Na miña época cantábanse himnos revolucionarios, cantigas populares e mesmo sintonías dos debuxos da tele, dependendo do grao de embriaguez. Unha casa con algo de luz e onde non atope buratos novos cada vez que miro para as paredes ou portas... O vello ten o seu encanto, pero todo ten un límite.
Casa nova e compañía nova: hoxe chega dende Maniños un coleghiña novo para compartir a casa nova conmigo. A verdade é que xa botaba de menos ter unha bóla de pelo no colo polas noites, unha voz miañando e unhas unllas riscando na porta cada vez que chegue á casa. Claro que iso implica non ter comida por aí accesíbel, nin cortinas, nin xerros con flores, pero éme o mesmo.
Pois iso, época de cambios. Non hai que lles ter medo...
Que bonito! Publicando este post chégame unha voz dende Andorra... Un de tantos rapaces galegos emigrados que atopou un oquiño na rede. Pena de capital humano que se nos vai. Aí vos deixo esa mensaxe optimista que a min xa me alegrou o día. Sempre hai un mencer...

7 comentários:

eue disse...

A ilustración é fantástica. Recoméndovos que visitedes o blog en que se aloxa, nas ligazóns deste post.

Jan disse...

Os colegas ghatunos son so milloriño que hai, ainda que se renuncie a esas pequenas cousas! Parabéns pola nova casa, polo novo compañeiro e polo recuperado descanso.

panxon calling disse...

Gústame o teu discurso, lúa lueira. Segue a escribir

Anónimo disse...

Well done!
[url=http://hnygeykv.com/ridw/eshv.html]My homepage[/url] | [url=http://zdyuumlc.com/fetr/fnbp.html]Cool site[/url]

Anónimo disse...

Good design!
My homepage | Please visit

Anónimo disse...

Good design!
http://hnygeykv.com/ridw/eshv.html | http://lrqavdml.com/bhys/odth.html

Anónimo disse...

I'm Glad i discovered this website.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!