28.12.06

Día de calor (e de inocencia)

Cambiou o conto. Uns días no lar, volta ao traballo á espera de noticias, nestes días de fútbol, a volta á casa de eue onte á noite, que andaba tamén polo seu lar... Acabo de chamar á mellor contadora de contos do mundo para entrevistala e desexarlle moita merda para o sábado, estou soíña na redacción (os homes van no fútbol, o que son as cousas), e aproveito cinco minutiños entre novas culturais para colgar esta cousa bonita que me deu moita calor:
está na Galería Sargadelos, é obra de Rosalía Pazo, e enmárcase nunha exposición de Implicad@s sobre a explotación de mulleres no sector téxtil. Logo de falar con tres desas mulleres e convertilas nas miñas heroínas, faime graza atopar o meu nome bordado neste contexto. A intención era que as artistas collesen roupa feita co sangue, suor e bágoas de mulleres explotadas, xa usada (pezas de Zara, Bershka, etc.) e as "decorasen".
Ben, a seguir traballando. Inocencia e caloriña para tod@s!

4 comentários:

eue disse...

Fridom for miña nai!!!

Marinha de Allegue disse...

Unha aperta de Ano Novo.
:)

bagoas insomnes disse...

femosa foto, fermoso textos e femosas as mans de tantas mulleres que levan a sangue tatuada de fios de cores.

Anónimo disse...

I am Glad i found this web site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!