Xa o dicía o Raymundo, a terra queima. E Mijail, que a terra é de quen a traballa. Pero hoxe quería escoitar que sae pola boca deste cativo, adulto precoz. Outro trabalhador rural sem terra.
Pareceume fermosísima unha anécdota que escoitei hai anos sobre os sem-terra: como non a teñen, encoméndanse a Iemanjá como patroa, a orisha do mar. A graza da cousa é que son todos e todas de interior.
Outra vez Iemanjá! Xa me falou a Raíña vermella dela, e de como se lle botan flores ao mar no día da Candeloria (aquí, que prendemos candeas. As tribos celtas chamábano Imbolc). Graciñas por alimentarme a curiosidade ;)
Nacín na Ría, enfronte dun monstro velenoso que lle cuspía veleno ao mar.
De cativa gustábame rubir as árbores e pasar horas no mar. Tamén andar a inventar contos.
De grande pasei catro anos lobotomizada nunha facultade que chamaban de Ciencias da Comunicación, onde non aprendín a comunicar nada.
Despois decidín doutourarme en Filoloxía, porque se cadra era máis correcto dicir que o meu é o amor pola linguaxe que "ciencia" da "comunicación."
E hoxe traballo coas Palabras. Amo. Vivo en Compostela. Fágome preguntas. Son feliz.
5 comentários:
Pareceume fermosísima unha anécdota que escoitei hai anos sobre os sem-terra: como non a teñen, encoméndanse a Iemanjá como patroa, a orisha do mar. A graza da cousa é que son todos e todas de interior.
Outra vez Iemanjá! Xa me falou a Raíña vermella dela, e de como se lle botan flores ao mar no día da Candeloria (aquí, que prendemos candeas. As tribos celtas chamábano Imbolc). Graciñas por alimentarme a curiosidade ;)
O que suprimín era spam da revista Vogue. Chamábanme guapa, que riquiñ@s, pero paso de que haxa (máis) publicidade no meu blog :)
I am Glad i discovered this website.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!
Enviar um comentário