4.3.08

Días de mel...

Levo tempo descolgada da rede, pero é que só fago andar a mil historias... Entre o traballo remunerado, o traballo voluntario e os preparativos para o Gran Día, case non toquei esta bitácora. Ando sachando noutra leira, que me ten máis ocupada. Pero agora que xa relaxamos un pouco a máquina, e que os felices marido e muller xa están de lúa de mel polos cantís máis altos de Europa, volvo ao rego. E volvo case para despedirme e anunciar que si, que por fin, que non era sen tempo... Voume centrar no doutoramento. Até xuño, ou mesmo setembro!

P.D. Ah, os da foto son a miña torpe versión escultórica de Mamá e Vali, que (coloreados e algo máis xeitosiños) presidiron o queixo de Arzúa que fixo de torta nupcial este venres no Castro, en Pantín. Foron un dos nosos agasallos, xunto co mercado, que é o máis soso, e unha interpretación da Aquarela de Toquinho no medio dos cafés, a cargo de Eue e a súa guitarra.

4 comentários:

Sun Iou Miou disse...

Eue a cantar nas vodas: ao que chegamos, meu! (^_^) Prestoulle o fato ou foi de folclórica?
Parabéns por todo, Lúa, mprincipalmente, polas moitas cousas que facer!

Lúa Neghra disse...

Nada de faralaes, vestiuse todo convencional, rompendo totalmente co protocolo das vodas, que é disfrazarse. O mellor foi que ao día seguinte cantou 'Kero aghobiarte', e rematouna con "Sogra! Para to-da-a-pu-ta-vi-da..."

Graciñas, a ver se me centro algunha vez na vida...

Zerovacas disse...

cantou o quero aghobiarte? hahaha
A unha voda así si que apuntaba

Anónimo disse...

I am really Glad i found this site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!