4.8.08

Día de vagancia total e absoluta

Tento facer algo de xeito, pero o bo tempo e as moitas distraccións son inimigos declarados da investigación da construción de identidas lingüísticas mediante a análise crítica do discurso da prensa galega (xa buscarei un título máis curto).

Despois de berrarlles a estes abuelos en Paredes de Coura e descubrir que Johnny Rotten fixo un pacto co demo (ben, descubrir non, confirmar), volta á casiña, tardes de estomballe en Bonaval ou na praia máis próxima e, si, algunhas horas dedicadas ao TIT. Polo medio, fago cinema experimental con Catuxa (como Viktor Kosakovsky, pero a falta de Svyato...)

2 comentários:

Mario disse...

Nótase que a gata tamén é fan dos Sex Pistols, e non por vella, precisamente.

Anónimo disse...

I'm really Glad i ran across this site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!