28.10.08

Noite de lúa nova

Ou novilunio. Bo momento para podar árbores pequenas, emprender cousas dende cero, e non deixármonos levar pola tristura @s aluad@s do mundo. Cando xa case rematei a mudanza da casa, tamén teño que me mudar de oficina. Vou levar moi mal marchar deste paraíso onde podo ver case a Praza de Abastos por vinte minutos de camiñada para chegar a un baixo no Ensanche, pero doulle grazas á sorte de que non acabasemos no Polígono do Tambre ou cousa así.

Mentres, fago por afacerme (que cacofonía, non é?) á casa nova. Non custa traballo ningún, se non fose porque teño que ter un ollo cos meus túzaros... Onte decidiron marchar de expedición e tiven que rescatalos dende o patio da veciña de abaixo cunha esqueira que me emprestou (é unha riquiña) para subir ao tellado (a Ghandoi, vaia, que Catuxa ben que buscou a vida e baixou por si soa, nótase que a moza tivo que loitar na rúa). A ver como vai indo este ciclo lunar, logo, que despois de tanto cambio xa o corpo vai querendo unha miga de acougo...

7 comentários:

Suso Lista disse...

Seguramente, cando xa esteas acomodado na nova casa, terás que empezar a diseñar futuro de esa casa. Sorte e que a disfrutes

albagal disse...

Que bonito Lúa!

Alegreime moito de verte, un bico ghrande rapasa!

LM disse...

e estam bem depois da sua aventura?
beijos

Lúa Neghra disse...

Alégrome moito de vervos, tamén, virtualmente por acó e en persoa moito máis, Albagal! (xa había ben tempo). Os michos perfectamente, e a min xa me curaron as rabuñadas de cando a Ghandoi lle deu o ataque e empezou a darme voltas ao redor do pescozo ao collelo :D

LM disse...

boa nova saber que tades bem :-)
beijos

albagal disse...

Que aghresivo Ghandoi, que teña coidado Catuxa(xa que tamén debe haber violencia ghatuna dos machos) mais seghuro q ela sabe defenderse ben e contra-atacar..
Saúdos e que che vaia todo ben :)

Lúa Neghra disse...

Catuxa non ten problema ningún: é ela a que lle dá tundas a el. É ben máis rabuda, a Ghandoi o que lle pasa é que cando se pon nervioso non controla as gadoupas, pobriño. E a mincha esta aí onde a vedes cómelle as papas.