13.11.08

Noite de lúa vella (e San Martiño, aínda por riba)

Chegou outro plenilunio, tolería para @s que andamos aluad@s e momento que aproveitei para pór moitas cousas en orde, lavar roupa (o vranciño de San Martiño deunos unha tregua neste mes de choivas para pór a roupa a secar) e iniciar (ou retomar, máis ben) vellos retos.

Neste día neghro, neghro na memoria colectiva dende hai seis anos, acórdame Pavese (ando aí ás voltas c'O oficio de vivir), cando di que a única alegría da vida é comezar. O outro (prisión, costume, enfermidade) é morte. Gana de comezar cousas, e gana de combater con outras... Cabreo.

5 comentários:

LM disse...

hoje há melhor lua...
beijos

Sun Iou Miou disse...

Mi ma, o tempo que non viña a ouvear por aqui, anda tudo mudado, menos a Lúa, que segue na Negra.

Lúa Neghra disse...

Mudamos de casa a todos os niveis :) Entre outras cousas, agora non teño internet na casa e ando menos de paseo polas vosas eiras virtuais... Pero deume para verlle a cariña a Lima da Ponte e seguir a ler desferradas, aínda que non pare tanto a comentar :)

torredebabel disse...

as casas novas sempre son unha oportunidade de acomodar e acomodarnos. Apertísimas guapa!

LM disse...

e mudou a lua com a nova casa?
beijoooossss