16.2.06

Dies Iovis


Ou día de Xúpiter (Zeus, o mesmiño, aí con Xuno / Hera). Pois hoxe non teño un día particularmente divino... Pero feliz, ao fin e ao cabo. Traballo as horas que me corresponden, vou polo meu outro traballo non remunerado pero que me alimenta o corazón a levar uns monicreques que até hai pouco estaban postos a secar na trandeira (pena de non tirarlles unha foto, como a de María), e Nerea tivo o detallazo de axudarme a subir o carro da compra polas escaleiras da casa. Convideina a un licor café, que menos. Polo noso roteiro habitual atopamos a Brais e Antón, minutos antes de que se metan no cinema a ver unha de vaqueiros, e falamos durante un cacho das nosas vidas laborais, sobre todo. Vaia, un día intenso que aínda non rematou. Pode que me achegue á festa...

2 comentários:

Lúa Neghra disse...

Pois si, mira, voume achegar. Decidino mentres editaba o post. Chameino. Estaba a facerse curas, que esvarou correndo hai uns días. Todo se pega... Até a torpeza. Meu pobre, estouno contaxiando da miña habilidade natural para ter accidentes. Ímoslle alí! Lume!

Anónimo disse...

A túa torpeza é un contaxio ocasional, pero non permanece non che preocupes por el..