29.4.06

Día da danza

...danzando de arriba para abaixo, do Franco para o Medio. Teño casa nova. Alucino co silencio! Quitando aos gatos á xaneira que teño na casa do lado, non oio un chío. Dios, que descanso despois de pasar cinco meses escoitando as gaitiñas dos todoacén (ganas tiven de chantarlle un carteliño á tenda: "Pais e nais tentados de lle mercar unha gaita aos cativos: sede conscientes de que despois ides ter que escoitalos"), ou as xoldas nocturnas (última consigna: "Viva el botellón, abajo el garrafón!", e eu aí solidariceime). Podería facer un estudo do corpus lírico do Franco os xoves á noite, hai material abondo.
Pero agora volvo á miña casa de verdade, ao que algúns definiron moi acertadamente como "o mellor barrio do mundo", a mercar na Sofi e a saber cando tocan os Estalotes. Hoxe xa coñecín unha veciña... Volvo á vida.

7 comentários:

eue disse...

Eu, que tamén xa fun sanpedrés, alégrome de pseudo-volver. Boa sorte no novo/vello enderezo.

bouzafria disse...

As mellores lembranzas dos meus alugueiros, que pasei por tódalas zonas de Compostela, están en San Pedro e Loureiros. Tamén te desexo boa sorte.

Anónimo disse...

Millor canto máis preto...
Un bico

pindruxeiro disse...

Así que ao final fuches parar a St.Peter walks residential resort an ghuarenai. Eu sempre vivín en ningures, pero os de alí dádesme envexa.

Por certo. Puxen un pindruxo novo (no bló) e vello (no tempo).

Lúa Neghra disse...

Moitas grazas a tod@s! Cando queirades vir de visita, encantada. Nos Loureiros tamén mirei algún piso, pero ao final a cabra tira ao monte e acabei de volta na miña aldea... Precioso o pindruxo, Dreeu. Faime graza ver como segues asinando igual... Algún día colgarei pindruxos teus que teño dende o 99 polo menos! (aburriámonos moito na clase). Bicos!!!

Anónimo disse...

Very cool design! Useful information. Go on! » » »

Anónimo disse...

I'm Glad i ran across this site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!