Como estou, xa non escribo dende o solsticio, polo menos. Ten que pasar unha estación enteira e teño que estar na oficina coa resolución de que entre os axustes de última hora que teño que facer, despois de demostrar que as miñas gadoupas non se levan ben co ordenador, e o ensaio que empeza ás catro e media na outra punta da cidade, mellor meter un post e comer outra empanadilla/bocata/sucedáneo que ir pola casa. A verdade é que para estar de vacacións tiven moi pouco tempo, e moi mal organizado. Vacacións sufridas por unha parte, na fin da terra e na fin das miñas enerxías. Pero houbo tempo para todo, incluso para ver mundo (graciñas, plattdorf). E para volver ao útero (un pouquiño).
Acábome de dar conta de que hoxe fago un ano aquí...
15.9.06
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
felis cumplebló!ghuapa, presisaba de falar contigo por un tema. pero non teño o teu tlf ou non o atopo ou algo...e ti o meu?
Teño, bonita. Falamos cando dea saído daquí. Bicos!
O COLECTIVO LITERARIO SACOU estrea web.
Depois de 8 anos de existência, traslada agora a sua laboura mais efémera à rede.
www.sacou.blogspot.com
Desde onde se poderam lêr textos dos seus membros, opinións e actividades deste grupo literario pioneiro em Galiza.
Enviar um comentário