5.4.07

Día MMMMM (ou RRRRR)

Non é porque estea rosmando de pracer como o Ghandoi cando lle fago mecos, é porque... Por fin temos R na casa! E por fin conseguín postear algo dende o meu portátil, xa que co Mac do eue (e cos Macs do mundo en xeral) non consigo entenderme. Pois agora que estamos conectad@s, vouno celebrar respondendo á petición da Rapaza do Arco, e facendo que rule esa luxuriosa cadea do blogomillo, tan axeitada para estas datas de abstención e recollemento. Aí van cinco das miñas moitas bandas sonoras X:
1. Rollo tantra: Within you without you dos Beatles (esa época na que George Harrison ía pola India e volvía inspirado).
2. Rollo "leather": Venus in Furs, de Lou Reed, evidentemente.
3. Calquera da banda sonora de 9 songs, ese filme de Michael Winterbottom (ver haicu nº 7)
4. Calquera dos Doors pode valer ben... A voz do Jim Morrison queda ben en calquera contexto, pero neste, no que máis (The Crystal Ship, verbigratia).
5. "L'amour est un ouseai rebelle", interpretado pola mezzo que cadre (Carmen, de George Bizet. Que pasa? Unha ten as súas rarezas...)

Podería esbardallar sobre as cancións axeitadas para o momento pre e o post, pero son horas de cear... Así que vou encomendarlle a cinco blogueir@s que sigan co tema e facer unha tortilla, que morro coa fame. @s elexid@s son...
1. Cesare, xa estás tardando!!!
2. Dreeu, ponte a pensar en musiquidades eróticas.
3. Fontiala, que levas moito sen postear.
4. Ber.toooooo!!! Despois de ver as túas "dez", non podo vivir sen coñecer as túas MMM!!!
5. Jan, tamén levas bastante tempo sen dáresnos novas... Aínda que entendo que hai pouco tempo.

Hala, xa tendes "deberes" para Semana Santa!

7 comentários:

Cesare disse...

respondido

A rapaza do arco disse...

Non coñecía 9 songs, pero despois de buscar e escoitar a banda sonora xa son devota e teño unhas ganas tremendas de ver a peli, encantoume :)

Lúa Neghra disse...

Está moi ben. Cando a mirei (por fin) gustoume moito. É o estilo de Winterbottom de sempre, parece que non conta nada, pero o que fai é amosar a beleza do cotián, das cousiñas pequenas. E as cancións son ben boas, tamén. Un consello: en versión orixinal ha estar mellor, que a dobraxe ao castelán é do peor...
Cesare, nunca deixas de sorprendernos :)

Anónimo disse...

Estuven un pouco apurada pro xa retomo...
25 abril sempre!!! Inda que sega sendo unha Utopía...

pindruxeiro disse...

Buah, son máis ciberestéril do que sospeitaba... a ver se un mes destes che mando as miñas suxerencias mulleriña... pero o rollo das musiquidades vouno mandar á merda, non atualizo nin os pindruxos do carallo... asi é que anda o ciberespacio cheo de lixo... unha aperta

Anónimo disse...

I'm really Glad i discovered this website.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!

Anónimo disse...

I'm really Glad i discovered this blog.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!