28.4.07

Días de abril

Estes días teño unha música na cabeza (ben, dúas). É inevitable, logo dun 25 tan emotivo (levamos 20 anos sen el). Estou escoitando mentres escribo estas liñas o Cantar alentejano, e non podo evitar que se inunden os ollos. Polo contido da canción, e por lembrar que mentres peregrinaba, hai cousa dun ano, con eue, na súa busca da lembranza, disque, de Catarina Eufémia, outra señora morría en Pontevedra. Morría aos poucos. A que pariu á que me pariu a min. Nunca pensei que a había botar tanto de menos. Agora xa rematou esa canción e empezou Grândola, que dá máis ánimos (menos mal).

Vou lanzar un meme melancólico, pero non me fagades moito caso. Cinco cancións/ escenas de filmes (aínda que xa houbo un precedente)/ pasaxes de libros que vos solten unha bágoa. Eu confésovos que recursos utilizo para facer que o meu personaxe, Nuria, solte os mocos no colo de Sor María. Xa me dixo Xan Casas cando empezou a dirixirnos: "Tes dúas opcións: Stanislavski ou Grotovski; a túa nai morta ou cebolas picadas a dous milímetros dos ollos antes de saíres á escena". E claro, preferín chorar de sentimento que con química. O truco: concentrarse nunha imaxe e unha música que saibamos que nos vai tocar a fibra (ben, tampouco concentrarse tanto como para que se nos esqueza o texto...)

1. O Cantar Alentejano, como xa dixen.
2. Máis músicas: The Kids. Está no Berlín, de Lou Reed, e foi censurada en España, en tempos, pola súa intensidade. É a historia dos servizos sociais quitándolle os fillos a Caroline. A parte na que os cativos choran chamando por ela... Dios, hai que ser de pedra para soportalo!
3. Películas: cando Alfredo se despide de Toto na estación de tren en Cinema Paradiso, de Giusseppe Tornatore.
4. Imaxes: unha vez mandáronme un correo deses en cadea sobre as matanzas de focas. Teño gravada a lume unha foto de bebé foca morto a paos e cos ollos abertos... Non a poño no post porque non podo mirala diante!
5. Letras: no final d'Un cuarto de seu, de Virginia Wolf, no capítulo VI, este párrafo cargado de retranca:
Nunca (as mulleres) fixestes gran descubrimento ningún. Nunca fundastes imperios nin dirixistes exércitos. As obras de Shakespeare non as escrbistes vós, e nunca evanxelizastes a unha raza "bárbara" na bendita civilización. Que excusa tendes? Sería doado dicirdes, sinalando as rúas, prazas, e bosques do mundo, salferidos de xente branca, negra e de todas as cores, ocupada en circular, e emprender cousas e amarse, "nós tivemos outro traballo entre mans: sen a nosa feitura, os mares non terían sido navegados, e esas terras fértiles serían un ermo. Nós parimos, alimentamos, lavamos e ensinamos, até os seis ou sete anos, se cadra, os 1.623 millóns de seres humanos (daquela) da existencia. E iso levounos un pouquiño de tempo".
Emocióname, que pasa? (perdón pola tradución trapalleira, seguro que na edición galega se entende mellor). O dito, confesade que cousas vos emocionan até as bágoas... Eue, Jan, Indómita, Cesare e mariademallou... Pasamos da lubricidade da MMMeMMMe anterior a outro tipo de emocións!

7 comentários:

Fontiala disse...

O Cantar Alentejano tamián me fai chorar ou cuando menos tremer, igual que "Um home saiu a rua..." A que nun boto da cachola ié aquiala que di, "Imperialismo nâo passaram, colonialismo nâo passaram, um home novo saiu da mata e..." e nun recordo o final! Pro segue tendo demasiada actualidade, nun ié?

Fontiala disse...

"A morte saiu a rua..."

Lúa Neghra disse...

Actualidade, toda. Eu penso que o máis emocionante de escoitar ao Zeca é que os seus son sentimentos atemporais. A carraxe, por exemplo. Son dous temas ben parecidos, un fala dunha señora do Alentejo, asasinada por querer pan para os seus fillos, e "A morte..." do escultor Días Coelho, asasinado pola PIDE. "O homem novo" encántame! Meu pai poñíaa moitas veces cando eu era cativa e téñoa interiorizada ;) A letra completa, acó.

Lúa Neghra disse...

Vaia, escribín antes de tempo, hai outra fonte mellor para atopar a letra. ;)

jan disse...

Desculpa que non contestara antes, pero ultimamente ando dun descastado co bló...Pero por suposto que contesto, grazas pola invitación...

Anónimo disse...

I am Glad i came across this website.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!

Anónimo disse...

I'm Glad i discovered this site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!