23.10.07

Hai 670 días...

... naceu este blog. Hai un cuarto de século e un día saín disparada ao mundo, de cara, e non de cabeza, o que me causou unha lesión no esternocleidomastoideo, e non quero imaxinar como sufriu a miña nai. Ela sempre conta que lembra o 22 de outubro do 82 como o día en que nacín eu e o día en que comeu as primeiras castañas asadas daquel outono. E, seguindo a tradición, onte foi o primeiro día que volvín ver os carriños de castañas na rúa, neste outono que parece máis verán ca nunca. Hoxe, malia o paradoxal de collelas sen ter frío ningún nas mans e con terrazas cheas de xente tomando refrescos ao redor, merquei un cartucho delas, unha metáfora do ciclo vital que todos os anos se repite; de min mesma, que outro ano máis fun medrando, madurando e caendo de moitas pólas. Eu tamén abrín o meu ourizo e saín.

9 comentários:

ictioscopio disse...

os 25 son bos anos, eu marchara a Madrid en busca dunha nova vida e foron os mellores anos. un bico grande cantigueira ;)

Sun Iou Miou disse...

Eu sempre teño frío nas mans se hai castañas diante. Os anos son todos bos mentres se queiran cumprir. Bks!

torredebabel disse...

noraboa guapa! se como di o tango, 20 anos non é nada, pois con 25 ainda tes o mellor por chegar. Apertas!

albagal disse...

Hehe, sempre me caeu ben a xente do 82, non sei porqué..

En fin, un bico moi forte e disfruta do teu aniversario!

A ver se nos vemos nalgún concerto ou en Compos :)

Lúa Neghra disse...

Somos a xeración Naranjito! Que tempos, eu nacín uns días despois de que o PSOE gañase as eleccións e penso que o mesmo día da morte de Leónidas Brezhnev e que Gabo levou o Nobel de Literatura. O que si sei seguro foi que cando nacín eu se estreou nas salas comerciais Rambo (o I). En fin...

mariademallou disse...

felices 677 días e máis que veñan para celebralos!

jan disse...

Feliz aniversario blogueiro! O aniversario vital puiden facelo en directo, je, je! Un cuarto de século, quen o pillara!!

Moitos bicos e apretas moi grandes e moitísima sorte!

Antuán disse...

Parabéns pelo aniversário!!
Como presente desde Portugal, um meme, que podes ver desde meu blog. Apertas!!

Lúa Neghra disse...

Hei! Canto tempo! Hei colgar no flickr unhas fotucas que teño deses días no Porto, foron un gozo... De aperitivo, dúas lembranzas musicais: un e outra Agora me poño coa meme. Bico enorme alén Miño!

Bico grande tamén alén Atlántico, ao son de tango de Gardel, e bicos que aporten nos cantís da Casatlántica, da costa ártabra que nos viu nacer a Jan e á metade do meu ADN, no peirao de Moaña onda Albagal, un que dea unha voltiña por Cangas e caia no tinteiro de cores de Ictio, e aínda outro que escorregue polo Miño, contracorrente, como unha troita, e se chante con forza na Aldea das Carrouchas. Alegrádesme o día tod@s! Apertas...