Xa rematou o estío, xa chegou o equinoccio outravolta coa súa correspondente dose de cambios vitais, xa pasamos a tempada de dúbida existencial "non sei se quede ou se marche", e agora, gastando todos os días libres que me quedan antes de... marchar, apurando as últimas pingas do mosto froito da vendima deste domingo (ten que ser hoxe, que logo ferve e o viño do Ulla é para estómagos afoutos), solucionando temiñas pendentes, volvo ao ciberespazo unha miga.
Setembro foi un mes de cambios, de enxalzamento da amizade dende o extremo sur...
... até o corazón mesmo do país (ou incluso fóra).
E, sobre todo, días de reflexión. Eue xa está exercendo a docencia cos cativos da zona cero...
e eu non hei tardar en mudar de póla. Botarei moitas cousas de menos, pero cómpre cambiar. Sempre é bo...
Por certo, xa sei que se nota moito, pero teño xoghete novo e as miñas gadoupas andan experimentando con el. A ver que sae de aquí...
10.10.07
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
Eu tamén teño trebello novo -sen estrear, nin tempo tiven- e síntome coma na primeira comuñón, que desde aquela non tivera outra cámara. Que gana teño de rematar a xeira para fuchicar nela.
Hahaha. Eu, ao non ter comuñón nin confirmación nin sacramento ningún, boto de menos ese gran momento en que che regalan a primeira cámara. A miña penso que chegou aos dezanove anos, ou así, e xa ma escarallou o meu irmán na primeira viaxe que fixo. Pois nada, agardamos trebelladas dende a Aldea das Carrouchas :)
pois para ser novo o aparello, danseche moi ben as imaxens!!! sobre os cambios, o dito: botareite en falta e virei por aquí a refuxiarme ;-)
Creo que as trebelladas van quedar para min de meu polo de agora, que aínda non reneguei do meu lema: valen máis mil palabras ca unha imaxe, pero visto que as augas do río nunca son as mesmas, non vou xurar agora que non vaia beber nelas.
I'm Glad i came across this website.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!
Enviar um comentário