28.1.08

Días de busca:

Dióxenes, co seu bocoi, a súa lámpada e as súas cebolas, por John William Waterhouse

Parece incrible, pero xa estou de novo en plan Dióxenes. E non só busco un sitio onde me meter: desta volta, igual que o cínico de Sinope, "busco un home honesto", ou unha muller, vaia. Se alguén sabe dun piso xeitoso en Compostela e cun/ha dono/a decente que faga as cousas como é debido (que teña o piso declarado, que poña no contrato o mesmo que cobra realmente e non un terzo menos, que non estea perseguido por Facenda, etc.), que mo comunique. Diosvolopaghe.

P.D. Que razón ten Zerovacas: había que volver á folga de pisos do 79!

8 comentários:

Sun Iou Miou disse...

E diso existe? Creo que che quedo algo lonxe.

Zerovacas disse...

Foi un tema ben interesante. Máis en "A luita dos pisos", de Carlos Morais...

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=99CATA&Rexistro=6206&Formato=Etiquetas

raúl disse...

póñoche un piso

Lúa Neghra disse...

Hehehe... Non fai falta finalmente, Pándigo. O caseiro entrou en razón

A rapaza do arco disse...

Alégrome de que o señor cedese porque o piso mola moito :D Ademais dá moito traballiño descobrir o que realmente queren dicir os anuncios de pisose atopar un medio decente.

Lúa Neghra disse...

Pois nada, festa de reinauguración cando queirades ;) Bico e feliz entroido...

Anónimo disse...

lo que yo queria, gracias

Anónimo disse...

I'm really Glad i ran across this website.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!