20.3.08

Día de dor

Odio a Semana Santa dende pequena. A infancia en Ferrol cunha avoa devota significa tragar todas e cada unha das procesións da cidade e todas e cada unha das películas que boten na tele sobre a vida de Ghasús. A Semana Santa de adulta non é moito mellor, aínda que houbo bos momentos. Pero esta en concreto está a ser tortuosa de todo:
- O Venres de Dor propiamente, foi dolorosísimo topar con moi malas noticias no traballo. Pero ese día chegou un novo inquilino á casa, que lle regalaron os compañeiros e compañeiras de traballo a Eue. Vin moi moi difícil a convivencia do interfecto con Ghandoi, mais, finalmente non se levaron nada mal, como demostra este gráfico:



Pasamos cinco días convivindo moi pacificamente os tres na casa. Mentres Eue percorría os Alpes suízos cual Heidi eu tiña a miña versión doméstica de Alicia, perseguindo un coello que (polas présas coas que corría) parecía chegar tarde a algures.

- Xoves Santo: á mañá descubrín horrorizada que Ghusiluz (o nome púxollo Eue) non respiraba. Mentres compaxino o traballo nesta redacción inhóspita e solitaria coas bágoas, penso na mellor forma de darlle sepultura. Ironías da vida, onte escribía sobre unha exhumación e hoxe teño que encargarme dun enterramento. Agora, o noso amigo descansa no camiño ao Pedroso, non lonxe daquela gavotiña acabada de nacer que tampouco sobreviviu ao dura que é a vida cando se é unha cría. Mario xa me enviou o seu pésame e xa me vou sentindo mellor...

9 comentários:

Zerovacas disse...

Pois menuda semana de paixón, con coello de pascoa incluido. Sintoo moito o de ghusiluz (non vou facer a broma sobre se era falso ou non).
E sabes que en 27 anos nunca vin a semana santa ferrolá?

Sun Iou Miou disse...

Unha aperta, Lúa.
Paixón, que palabra.

Mario disse...

Pobre becho, co curriño que parecía.

Anónimo disse...

Losiento de verdá!

um beijinho para ti, beibe...

a ver se nos vemos algún día e xa cho dou en persoa... chantau onde queiras!!!

Lúa Neghra disse...

Graciñas! Si, era un riquiño, pero hai que superalo. Nunca me enfrontara á cousa esta tan traumática de enterrar un bechiño peludo co que convivise. Moitas apertas e moitos bicos, Sun e Ciclópea. A ver cando vos vexo, digo tamén eu!

Mario, temos pendente unha merenda de non aniversario, con lebres de marzo e freixós incluídos. E Zero... estás de coña? Neda, sitio distinto, abofé.

torredebabel disse...

sintoo moito, guapa. Eu ben sei o que é perder a un bechiño moi querido e ás veces sentímonos algo ridículos chorando por un can ou por un gato, pero os sentimos, por fortuna, son moito menos prexuizosos ca nós. Apertas moitas dende aquí.

Anónimo disse...

Vaia! Síntocho ben, é moi triste perder un animaliño, seino ben!
En canto á Semana Santa, e malia ser ferrolá só a vin un ratiño unha vez na vida na miña tenra adolescencia...e NUNCA MÁIS!
Moitos bicos e moito ánimo!

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Anónimo disse...

I'm Glad i came across this blog.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!