2.5.08

Día do Corte Inglés

Unha estratexia comercial como outra calquera: mantendo o ritual católico, o 19 de marzo conságraselle a San Xosé, pai "exemplar", e o primeiro domingo do "virxinal" maio é para as nais. Como me cago bastante na familia nuclear, no catolicismo, no Corte Inglés e nos bos costumes, vou colgar aquí outra nai que seguramente non recibise agasallos nin neste día nin en día ningún, á que lle cantaba Víctor Jara, e que, á vez, a miña propia me cantaba a min para facerme adormecer de cativa (e que, ao tempo, a nai da miña nai poñía naquel radiocassette vello que aínda está en Pantín e cantaruxaba polo baixo mentres lavaba a louza, ou "fregaba de vertedero"). Seguramente eu siga a tradición familiar e a empregue un día como canción de berce.

4 comentários:

Mario disse...

As min cantábanme esa e Upa Neguinho. Creo que iso explica varias das miñas teimas, incluído o nome do blogue.

jan disse...

Eu non podo ver a canción, non sei se é problema meu....

En calquera caso eu detesto tamén este día! Mágoa que a miña nai, que tamén escoitaba a Víctor Jara nun vello tocadiscos, non o deteste coma min, e me diga que xa comprenderei cando sexa mai! Eu coido que non o entenderei nunca, en fin....

A rapaza do arco disse...

A min tamén me parece que a familia nuclear é radiactiva ;) pero acabo sucumbindo a esta merda de cousas comercialoides porque na miña familia manéxanse mal algúns conceptos se non están codificados. Ais cantas cousas me quedan por recanalizar! E que bonito pensar nesa canción como canción de berce e tradición familiar! un bico

busto.agolada disse...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
http://blog-xuntanza.blogspot.com