Chuviñentos, tristeiros, fríos... Non parece maio. Mellor, así concéntrome no que me teño que concentrar. Este blog vai quedar (máis aínda) inactivo até setembro ou así... Se non, vou conseguir o DEA para cando me xubile. Toca facer vida monacal...
Setembro non é unha mala época. Eu tamén pensei deixalo, non creas, pero de momento seguimos, é unha mágoa que non poidas usar o blogue como pontos para o DEA.
Nacín na Ría, enfronte dun monstro velenoso que lle cuspía veleno ao mar.
De cativa gustábame rubir as árbores e pasar horas no mar. Tamén andar a inventar contos.
De grande pasei catro anos lobotomizada nunha facultade que chamaban de Ciencias da Comunicación, onde non aprendín a comunicar nada.
Despois decidín doutourarme en Filoloxía, porque se cadra era máis correcto dicir que o meu é o amor pola linguaxe que "ciencia" da "comunicación."
E hoxe traballo coas Palabras. Amo. Vivo en Compostela. Fágome preguntas. Son feliz.
3 comentários:
Setembro non é unha mala época. Eu tamén pensei deixalo, non creas, pero de momento seguimos, é unha mágoa que non poidas usar o blogue como pontos para o DEA.
sorte e agardaremos por ti!
I'm Glad i ran across this web site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!
Enviar um comentário