20.6.08

Cousa pequena...



Esta que atoparon onte @s ex compañeir@s soíña pola rúa. Aínda ten o cordón umbilical! Debeu nacer hai dous días como moitísimo. É femia, pesa 50 gramos e aínda non decidín que nome pórlle. Polo de agora, vou empezando a entender o cansazo das nais primeirizas, con isto de erguerme ás catro da mañá a facer biberóns... Aínda vou ter que pedir o permiso da hora de lactancia no chollo, para vir darlle o seu leitiño cada tres horas! Se alguén ten algunha suxestión onomástica... Eu pensei de todo, dende Ghumersinda ou Amparo ata Píxel, por chegar a min polos vieiros polos que chegou e porque é, de certo, unha unidade mínima.

7 comentários:

Anónimo disse...

A min me molaba micifú. pero pensaba que era un rapaz. asi que voto por Julieta (son una hortera je.)un bicazo. Lara eres a mellor!

Lúa Neghra disse...

Hehehe, tomo nota. E ela ten os mellores padriños e madriñas. Estou por levala cada 19 de xuño a celebrar o aniversario á mesa de reunións de Vieiros-Acordar, con pinchos do Marte e Mencía para tod@s e unha latiña de atún para ela. Bicos grandes!

Anónimo disse...

Eu voto por Ghumersinda :D É tan riquiiiiña...

Anónimo disse...

orballo da mañá, podes chamarlle...

albagal disse...

Olla que cousa máis linda!
Xa lle preghuntei ao Leo por ela.
A ver se nos vemos nañgún concerto por algures :)

Lúa Neghra disse...

Ola, Albiña, canto tempo! A pouco concerto podo ir, agora que son "nai". Pero a miniña estase afacendo bastante ben a ir no bolso...

A cousa vai así:

Ghumersinda 1
Amparo 1
Julieta 1
Endebida 1
Brunilda 1
Bicho bola 1
Pucheira 1
Ioko (Ono) 1
Orballo da mañá 1

Non o teño nada claro...

albagal disse...

Ghe ghe, no bolso!!!
Pois xa sabes, tráea a ver a Dylan, que seguro que vas co pase de prensa.
De nomes, gústame Amelia. Vén do grego e a parte de traballadora tamén significa tenra :)