12.7.08

23 días

Por petición popular, sigo dando conta das evolucións da pequecha. Xa ten os ollos e as orellas totalmente abertos, miaña como é debido, e non como antes, que parecía un pitiño (eu diría que ten sete vogais e todo), e ten uns dentes que poñen medo (menos mal que o biberón non sofre nin padece, de ser o teto da nai moi mal o había pasar a pobre). Tamén é para sinalar que xa camiña, na vez de reptar, e a toda hostia, amais. Xa non a podo levar da excursión, porque a última vez que probei a metela no bolso non tardou nin medio minuto en chimpar fóra e aparecer na outra esquina da casa. Ten unha ganiña tola de explorar...

A socialización? Ela lévaa moi ben, Ghandoi, daquela maneira.

5 comentários:

Anónimo disse...

Que guaposa é!

mimá!

Lúa Neghra disse...

E iso que sae cunhas legañas e unha cara de sobada que non pode con ela. teño que tirarlle fotos cando estea nas súas horas de hiperactividade e "espabilación", alá polas once ou doce da noite :D, cando eu quero ir durmir...

albagal disse...

Jeje, que linda Catuxa!

Pobriño Ghandoi, que aínda se vai celar...

LM disse...

mui boa a escolha do nome.a curuxado cole de laura também se chama catuxa e até os nenos castelán-falantes falam dela como se fosse amiguííííísima e com um xis perfeito. a seguir medrando assimde linda. beijos e ronroneos.

Anónimo disse...

I'm Glad i found this site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!