5.9.08

Días de poesía...

Xa me tardaba chegar a esta cita anual coa festa, topar con xente que hai ben tempo que non miro e gozala moito durante dous días nas terras do Condado. Vai ser unha preciosa e necesaria paréntese entre días preguiceiros, co cerebro aínda bastante de vacacións e sen gana ningunha de traballar, nin de buscar piso, nin de estudar, nin de nada que non sexa prolongar artificialmente o verán nas barras dos bares. A ver se me serve para gastar a traca final da gana de xolda e á volta me centro unha miga...

PD Alguén sabe dun piso bo, bonito e barato por San Pedro? (volvo ao útero, e ao carallo). Nada moi grande, con collermos os michos e mais eu...

Sem comentários: