12.9.08

Noite canfurneira (e parrocheira)



Canfurneiro/a: ferrolanismo probablemente derivado de "canfurna" (cavidade profunda producida pola erosión da auga do mar). Algunha relación habería entre estas covas e os antros de perdición para que canfurna sexa tamén sinónimo de barafunda, e se nos chame canfurneir@s a quen... o merecemos.

Foi a primeira palabra que escoitei neste día terrible, cando mo chamou eue ao chegar á casa (díxolle o pote á sartén, que el apareceu ás nove e eu levaba dende as seis da mañá na cama :D), e seguramente sexa a última: ao remate dunha xornada laboral que se anuncia dura, marcho con Zero e Mario á nosa terra nai, comer parrochas). E aínda non recuperei o corpo da festa de Salvaterra... Non teño gota de sentido, que diría miñabuela.

2 comentários:

Anónimo disse...

que bo é retornar e degustar os sabores de antano.

Anónimo disse...

I'm really Glad i ran across this site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!