Coas frieiras, as temperaturas e o moito chollo acumulado, non dá gana ningunha de saír da casa. Xa onte perdín a Festaleiro, pero hoxe vou ver os meus nenos, vivedios! Sorte que para a semana conseguín un día libre, e así podo enganchar catro días na casiña materna, que é onde mellor se está (son unha moñas, sei, pero é así). Así que o día 24 fago a mochila (o que inclúe a Ghandoi e a Catuxa en cadansúa caixa) e marcho para aquí:
Domondó (parroquia de Pantín, Valdoviño) fotografado por Fermín Goiriz Díaz o 1 de decembro. Non sei se alá haberá cobertura 3G (dubídoo moito!), pero se consigo unha miga dela, xa vos conto.
18.12.08
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
Só te faltou poñer o meu DNI :-)
Con F. Goiriz chegaba ben ¡Xa estou fichado! (jeje)
Un saúdo
Tes cobertura GPRS, que ben te chega... Os novos sempre queredes andar a toda velocidade :-)No século XXII seguro que xa temos 3G
ciao
e ghandoi e catuxa que é o pidem para o natal?
beijos
pasao ben na casiña!! aqui vai calor e nós imos á praia. De todos os xeitos e mais alá da xeografía, hei pensar na xente querida coma ti, nos amigos daquí e dalí, e desexarei o mellor para cada un deles. Apertísimas!
pois chinchi neste momento ainda tá com comida de cachorro mas algum bocadinho dos de wiskas ainda lhe há cair.
beijinhos e boas festas
Enviar um comentário