4.12.08

Días de frieiras

Non paro coa dor! O luns notei que os pés se me conxelaban aos poucos mentres estaba na oficina, e pensei "non, merda, xa están aquí". Tentei movelos e quentalos, pero non houbo xeito, a miña ración anual de necrose estaba servida. Frieiras, esa afección da pel que hoxe a todo o mundo lle soa a swahili, pero que os pais e avós que viviron a posguerra, ou os traballiños do rural ao frío, á choiva, lembran perfectamente, e que eu, na miña querenza polas antigüidades, padezo puntualmente cada inverno. Onte non podía parar quieta no asento do Cineclube, e hoxe propuxéronme ir a un serán (será por ganas!), pero paréceme a min que bailar muiñeiras e rumbas non lles vai sentar moi ben...

Unha cousa está clara: recorrer a internet nestes casos é perigosísimo: 1. porque se es un pouco hipocondríac@, tardas 0.5 segundos en asociar as frieiras con certas variantes de lupus, leucemia e síndrome de Raynaud; 2. porque pode ser peor o remedio que a enfermidade. Hai quen recomenda restregalas cun limón (non o quero nin pensar), ou abrir unha uva e levala apegada cunha tirita todo o día en cada frieira (ghasús, e que calzado poño?). Acórdame miña abuela, insistíndome en que fixese por, cando estivese na ducha ou así, mexar por riba delas, que é man de santo (como cando pican as medusas). E decidín que mellor vou á parafarmacia, que sempre me socorre nestes casos. A semana pasada xa descubrira que o xabrón Lagarto é o mellor cicatrizante do mundo. A ver que fago con isto... Se alguén coñece máis remedios caseiros (e menos escatolóxicos), ben vidos sexan...

5 comentários:

Carril disse...

Eu as sufrín o ano pasado por primeira vez. A médica recetoume luvas de lá e pomada para a circulación... pero alí quedaron igual todo o inverno!!!
Ánimo!!

Lúa Neghra disse...

Graciñas, moza. A min deuma tamén a farmacéutica (a tal crema, digo) e aínda menos mal, algo foron pasando. Esa cousa bonita da foto é a irmá de Lima da Ponte, non? Ten nome, xa?

LM disse...

mulher...se os do mexos funciona sempre podes mercar um creme de ureia...na casa utilizamo-la para a dermatite...
beijos

pinheiro disse...

haiche uns pés agora de carbono de puta madre... Se pdes non dubides en cambiar...

Pés, pra que vos quero...

Anónimo disse...

I am really Glad i ran across this blog.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!