23.3.09

Primavera



Dúas pegas marzas ou gaios (en perigo de extinción). A foto é de J. Fouarge (eu nunca as dei visto, e mesmo cheguei a pensar que eran seres mitolóxicos). Chegou a primavera (e o primeiro cabodano, snif)... E como me pasou toda a vida sempre que hai equinoccio ou solsticio, viran as cousas e cambia todo de sitio. Para ben.

5 comentários:

ictioscopio disse...

eu vin algunha de pequeno aló no Piñeiro (de Darbo) :)

raúl disse...

pero aínda quedan bichos dises... Que cousas... Voume botar outro pouco de desodorante rexona a ver si acabo coa parella...

Sun Iou Miou disse...

Pois, mira, eu inda vin onte un gaio, que me pasou por diante do fociño (alá foi a foto!, pensei) e síntoos cada día. Aquí desde logo non faltan.

Lúa Neghra disse...

Aldea das Carrouchas, sitio distinto, Sun :D Conservades marabillas destas.

LM disse...

sempre está bem que as coisas melhorem!
beijos