
O xoves á noite tecleaba compulsivamente (cousa rara, diredes) mentres devecía por durmir. Ao meu carón soaba unha
guitarra. O venres saín da casa cedo, para ir berreghar coa
actualidade cultural coma todos os días. Ao saír fun comer co
Gato Negro, e espremer os miolos pensando como se pode distrer a atención dunha ducia de
pícar@s durante hora e media de xeito educativo a la par que lúdico e sen que te chamen pederasta. Dura vida a d@ monitor/a de tempo libre. Finalmente conseguimos que @s cativ@s flipen durante cinco minutos coas luces apagadas, tres cirios acesos e unha historia de defuntos e samaíns... E que se disfracen para esconxurar os meigallos, e que se convirtan en sapos, curuxas, mouchos e bruxas... E algún vampiro, que mesmo me deixa unha trabada no brazo. Os nenos sonche así: cando levan unha capa poden voar, e non tardan en querer comprobalo tirándose dende as mesas, e se a capa é neghra como mis pecados, poden ser vampiros. Quero ser unha nena para podelo todo.
Saímos e vamos para outro
magosto, outra festa ben distinta. Esgótanse cervexa e licor café, a música enméiganos a todos, veña da pandeireta de Camila, do bongó de Flavio, dos movementos capoeiros de Faísca ou do punk sen límites do Leo. Regalamos empanada, gozamos, desesperámonos co cambio dos billetes de 50 (estes jipis xa non son o que eran, van pola vida paghando licores cafeses con sabas de 50 eurasos), a vida é unha festa diante e detrás da barra.
Recollemos, a festa segue polo Insomnia, que se portaron guai deixándonos xeo, polo Tarasca, polo Maycar... E todos eses sitios que
Ø non lembra.
Sábado de relax, erguéndonos case coa nova noite, despois de deitarnos co mencer ameazando polo patio de luces.
Scorsese e arroz á cubana contra a resaca.
O domingo non é posíbel o relax: a nosa gran maquinaria se pon en marcha para que o público se volva escarallar con asento do
Barbansa. Tensión sobre o escenario, calquera de nós se pode converter en Brutus chantándolle o coitelo ao Xulio César de Shakespeare, pero sen deixarlle falar despois. As bágoas mestúranse cos dez quilos de sombra de ollos, rímel e lapis que aínda levo tatuados días despois por moito que refregue, e ao público lle resultan críbeis, porque non dá nin chío.
Luns: logo de tres días sen pasar pola casa que
non é miña, regreso cal filla pródiga, volvo ao traballo, xornada completa... E
novas posibilidades. Logo de tres días de vagabundaxe, hai que ir buscando fogar.