
Saímos e vamos para outro magosto, outra festa ben distinta. Esgótanse cervexa e licor café, a música enméiganos a todos, veña da pandeireta de Camila, do bongó de Flavio, dos movementos capoeiros de Faísca ou do punk sen límites do Leo. Regalamos empanada, gozamos, desesperámonos co cambio dos billetes de 50 (estes jipis xa non son o que eran, van pola vida paghando licores cafeses con sabas de 50 eurasos), a vida é unha festa diante e detrás da barra.
Recollemos, a festa segue polo Insomnia, que se portaron guai deixándonos xeo, polo Tarasca, polo Maycar... E todos eses sitios que Ø non lembra.
Sábado de relax, erguéndonos case coa nova noite, despois de deitarnos co mencer ameazando polo patio de luces. Scorsese e arroz á cubana contra a resaca.
O domingo non é posíbel o relax: a nosa gran maquinaria se pon en marcha para que o público se volva escarallar con asento do Barbansa. Tensión sobre o escenario, calquera de nós se pode converter en Brutus chantándolle o coitelo ao Xulio César de Shakespeare, pero sen deixarlle falar despois. As bágoas mestúranse cos dez quilos de sombra de ollos, rímel e lapis que aínda levo tatuados días despois por moito que refregue, e ao público lle resultan críbeis, porque non dá nin chío.
Luns: logo de tres días sen pasar pola casa que non é miña, regreso cal filla pródiga, volvo ao traballo, xornada completa... E novas posibilidades. Logo de tres días de vagabundaxe, hai que ir buscando fogar.
9 comentários:
Ai, si? Na rúa Nova? Xa escoito as badaladas da Berenguela...
Na rúa nova ou na calle nova?
Que antes eran distintas...
bonito post, eu vivin na rua nova e mola mazo... parabienes, os pisos que descartes vaimos pasando que eu despois da miña mala experiencia coa familia cadarso na rua do vilar quedei un pouco desencantado de buscar piso...
Mañá veremos o da Rúa Nova (si, Cesare, Rúa Nova). De momento, o Pexigo de abaixo vaime convencendo, senón fora polas vistas ao convento dos curas... Os tres comentaristas estades convidados a un café no salón-cociña-comedor que probabelmente teña cando estree casa de meu. Bicos!
Se non fose /non sendo... perdón ás filólog@s que me ledes pola metedura de zoca.
tadattChove,iso non impide cos itakeiros teñan bo tempo.Penso en todos vos e vou prender unha candea pra que volva o sol.Felices aventuras,PEQUERRECHOS.
tadattChove,iso non impide cos itakeiros teñan bo tempo.Penso en todos vos e vou prender unha candea pra que volva o sol.Felices aventuras,PEQUERRECHOS.
tadattChove,iso non impide cos itakeiros teñan bo tempo.Penso en todos vos e vou prender unha candea pra que volva o sol.Felices aventuras,PEQUERRECHOS.
I am Glad i discovered this web site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!
Enviar um comentário