Pois si, hoxe é luns. Outro luns de tantos, cando xa todas as semanas parecen iguais. O día comezou cun estourido que nos provocou todas as hipóteses que se lle poden ocorrer a un cerebro adurmiñado ás seis da mañá: eu supoñía que rebentaría algunha bombona nunha casa, el ía máis alá e pensaba nun ataque terrorista... Todo o patio de luces alghareado, pero ao final non foi unha cousa nin outra. Só... fogos artificiais (e que conste que a miña primeira ide a antes de abrir os ollos e notar a vibración foi "pero onde son festas?")
En calquera caso, un día normal. Un luns moi luns: traballo, ensaio, agardo que sono reparador, media horiña para postear por primeira vez en meses, case... Noto que me atopo perdida dun tempo a esta parte, que me estou alleando. E hoxe que hai lúa chea, e pola semana romana estamos no día da lúa, agardo algo así coma unha catarse que remate de espelirme. Este blog tiña que ser algo máis ca un diario adolescente, e a miña vida tiña que ser máis ca gañar para sobrevivir e non ter tempo para vivir. A ver se algo dentro de min estoura dunha vez, como os fueghos de Calo.
13.2.06
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
como xa fixemos algúns, convidados por outros, convíte agora a que escribas as túas 5 teimas nunha desas noites
un bico
E non so 5 teimas, poderías probar tamén coas túas 5 cancións ou películas favoritas... Mellor soamente unha; hay que mollarse :)
Enviar um comentário