18.2.06

Dies Veneris

(ía poñer as míticas, a de Boticelli ou a de Milo, que non ten brazos, pero esta con Pan ao lado fíxome graza).Día de Venus e de resaca... Esperto, logo de tres horas escasas de sono (nunca atopamos a Lamatumbá), ao carón do meu obxecto de desexo lesionado (xa cambia de lado da cama para que non lle roce a ferida) e cun cuarto de hora escaso para espelirme e ir traballar. Así non hai quen empece o día consagrado a Afrodita con xeito...
En fin, logo dunhas horas de traballo aceleradas (como se me puido pasar por alto que onte Blanca Marsillach e Néstor Rego ofreceron unha rolda de prena, hai que sacar un destaque polo menos... Eu, posta a escoller eventos teatrais, preferira a Carnicería, que me parece ben máis interesante, pero en seguida chaman do Concello para esixir o seu espazo publicitario), como, descanso, e a berregar cos pícaros...
Montamos un poboado indio. Entre pintármonos de peles roxas e organizármonos en tipis xa vai alá media tarde. Marchan, e o meu día non remata, porque aínda temos xuntanza do Foro da Mocidade para planear un macrofestival en abril (quen dixo que o Concerto pola Lingua só se pode facer na semana das Letras?). Váisenos a pinza até cotas insospeitadas, acabamos dedcndindo que Benicassim é unha merda comparado co que nós queremos facer... E tamén decidimos que hai que deixar de facer as xuntanzas en bares. Acabamos no de Morgan, arrodeados pola metade dos axentes culturais da cidade (o Cineclube en pleno coa súa cea dos venres na súa mesa, medio Berrobambán na barra, e de alí un pouco a única promesa que temos para o concerto). Un mencía e unha clara despois, imos para casa, e caio co sono aos cinco minutos. Vai día venéreo... (de Venus, non pensar mal)

4 comentários:

eue disse...

Foi un día ben adivertido! ;-*, aínda que o iovis tamén foi bon, con esa nosa afección por amañar o mundo mentres nos tallamos de licorK...
Un beixiño

FraVernero disse...

Vaites, vaites...
Sempre me fixo graza esta estatua, dende neno. Cuns 5 ou 6 anos mercáranme meus pais a 'Crónica da Humanidade' (da que só lía as cousas sobre mitos greco-latinos, algo de historia e todo o relacionado con Exipto). Unha das estampas máis curiosas era esta estatua (despois de todo, malia a ninfomanía da Deusa do Amor, non lembraba ler nengún mito no que se xunte co cabrón (con perdón) percorredor dos montes de Arcadia asustando pastores (ataques de Pánico, vamos).
Lamento o atasco mañanceiro de eue. Proba a darlle unhas fregas con vinagre...
xD

mariademallou disse...

ola dende blx lua. efectivamente manhan non estou en compostela poraue estou en bruxelas, pero como pqrq o video non fai falla que estea...;)un saudo grande.

Anónimo disse...

I am Glad i came across this blog.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!