27.3.06

Días de primavera, de poesía do teatro, da auga, da árbore...

Moitos días, moitas cousas. Xa hai coma vinte días desque non escribo, e aínda que agora xa teño con que (non era sen tempo!) fáltame a conexión, e aínda teño que recorrer aos cíber. Pois si: foron días de poesía (de intentos frustrados), de teatro, días de moita auga que nos fixeron nadar ao somorgullo máis do habitual... E máis ben pouca primavera. Días de cambio, de equinoccio, de remate de moitas cousas. Logo dun inverno metida no tobo, toca saír. Sigo buscando espazo de meu, e mesmo dubido se voltar ao niño. Tampouco teño o futuro moi claro... A ver que pasa. De momento estou, como diría o Silvio, "Como esperando abril."´egue a ser necesaria unha revolución en moitos ámbitos, para botar a andar dunha vez. Ás veces é mellor dar volta e volver andar o camiño de novo... Ai, mellor paso de poñerme trascendente. Estamos nun cíber, as súas costas contra as miñas, mirando cadaquén para a súa pantalla. Xa está ben! unha cousa é que nos coñeceramos nunha clase de literatura e cultura dixital, pero outra que esteamos abducidos polas máquinas... Se aínda tivese algo que dicir, eu tamén. Pois nada. Como non estou inspirada, vou sentar onda el e darlle a brasa un pouco (a ver como lle saen os post, que logo a xente non sabe como interpretalos... Abur!)

8 comentários:

O Breogán de Gáidil disse...

Di sempre a miña avoa que despois de maio ven San Xoán.

Tiven que chegar case a trintena para dárme conta do significado total dea expresión.

Todo avanza, todo se move e disque todo é cíclico. Quen sabe...

Ian disse...

Tampouco teño o futuro [laboral?] moi claro... Será por exceso de traballo non por problemas de continuidade... Non se agobie por iso. Sei do que falo.

eue disse...

Ánimo, Luíña.
Abril sempre chega ;-)

Lúa Neghra disse...

Moitísimas grazas aos tres polos ánimos!!! Si que a vida é cíclica, e no meu caso penso que até colle forma de espiral. Menos mal que sempre atopo palabras de alento. :)

Anónimo disse...

Great work!
[url=http://bdnbnnvk.com/bjla/xleb.html]My homepage[/url] | [url=http://hsckpyxb.com/iutz/qycb.html]Cool site[/url]

Anónimo disse...

Good design!
My homepage | Please visit

Anónimo disse...

Well done!
http://bdnbnnvk.com/bjla/xleb.html | http://qcinyhwt.com/ffxr/moph.html

Anónimo disse...

I'm Glad i came across this web site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!