7.7.06

Días de festa (malia todo)

Pois si, a vida segue sen ela. O máis duro foi xusto despois do post anterior, chegar á miña casa. Soa. Entón fun consciente. O peor son eses momentos de consciencia da morte, cando realmente te decatas de que rematou. O resto do tempo non acaba de ser real. Pero teño unhas ganas tolas de ir a Pantín a apañar careixós...

Fixemos cousas moi raras, como rescatar as flores que quedaban apodrecendo en cCtabois e encher a casa de Pantín con elas. Outras levámosllas a Teixido, que foi a súa última viaxe (aínda menos mal). Aproveitei para coller sanandresiños para todo Dios, un cirio laranxa para os estudos (as opos de Eue e o meu... algo) e roscas, brancas e morenas. A señora que mas vendeu deume un pouquiño de herba ("Sabes como funciona, non? Se tes un amoriño por aí tes que lla meter no peto, pero sen que se dea de conta...") Aqueles cantís si que son a fin do mundo.

Falando de cirios, tremendo cirio montamos o sábado pasado. Tanto foi así que quedei co cirio en cuestión na casa (tamén cun paquete de tizas de pintar oui-jas e un vasiño que houbo que tiralo, porque o espírito de Rosalía o arrefreghou tanto contra a pedra que tiña o bordo escachado). Nunca estivo tan bonito o barrio, coa rúa toda para a xente, sen coches a pasar. Alá o sábado á tardiña eue e máis eu fixemos de mestres de cerimonias, estilo Marina Abramovic, camiñando por riba do muro, dun acontecemento precioso. Dani describiu aos homes dos países pequenos (os que comen porco e votan fascio?), Antía vestiuse toda de poemas (e eu arrinqueille tres, nunca pensei que ía espir poetas en público), Branca meteunos nun hotel co seu corpo, e como remate apareceron tres tolas que lle puxeron o punto metateatral (ou metapoético, xa non sei) á tarde. Que cousa bonita. Milleiros de grazas dende aquí a tod@s, a todo o público, e sobre todo ao público aqueixado de resaca que estivo alí, tamén (e aos que non estaban porque a resaca e as trinta horas sen durmir puideron con eles pero estaban en espírito, tamén ;)

O día anterior fora moita festa tamén, e, tendo en conta que era o último día para nós vacinar contra a meninxite e alá fumos Nerea e mais eu, e claro, despois de meter aquilo no corpo non podía beber, e quedáranme as chaves na casa e as do eue non abrían ben (a de fóra, só) e non era plan chamar aos veciños ás doce da noite, e non puidemos facer programa porque o aparello non nos fai caso, e tiña a regra e moi mala hostia... Fóra diso, tudo bem. Estar no barrio coa xente que coñeces dende pequena, ou dende hai menos tempo pero que queres ben, escoitando músicas bonitas, sándao todo. Ui, que tarde, marcho, que vou de gala!

7 comentários:

Anónimo disse...

... ghustame lerte...

osondaxordeira disse...

Foiche ben bonito o recital. Hai fotos?. Gustaríame ter algunha...Un biquiño e agárdote con godot.

Lúa Neghra disse...

Ola! Despois de dez días na Fin da Terra (literalmente) arrodeada de rapaciños nun campamento, xa volvín á civilización. Hai fotos do recital, hai, en canto poida xa chas envío ;). Contos de Xallas, un descubrimento interesante tamén na blogoteca. Agardo por máis historias...

Anónimo disse...

Mágoa non poder ir ó festival de poesía... pero envíalle ás fotos a osondaxordeira porque non teñen despedicio ningún...
Marita non está, pero os nosos recordos e o seu sentimento hacia ela permanecen...

Anónimo disse...

You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it looking for rosacea at shopping.com food to lower high blood pressure Los angeles casino Latin gangbang

Anónimo disse...

I am really Glad i came across this web site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!

Anónimo disse...

I am Glad i found this blog.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!