6.10.06

Días para mudar de pel (ou eterno retorno)

Levo case un ano con esta bitácora aberta. Aínda lembro o primeiro post, que xurdiu da resaca do meu vixésimo terceiro aniversario. É incrible como daquela quería reflectir todos os cambios que levaba vividos no último mes, e agora boto a vista atrás e dame vertixe mirar para os 23. O outro día, correndo do Clube Internacional de Prensa para o Concello, extasiada despois de escoitar a Galeano, volvín sentir ese formiguiño xornalístico na boca do estómago dos vellos tempos. Eterno retorno...

Mudo de pel literalmente. Nesta época caen as follas, remata a vendima, comezan as castañas e o viño novo, e eu tamén cambio de casca e renazo. Fisicamente, na miña loita que non decae, malia ter un momento de autocondescendencia este sábado en Serbia-Monterroso (pero é que despois dun cocido impresionante, ben acompañada, con banda sonora inmellorable e no momento café-chupitos tiña que ser...) E emocionalmente tamén: xa van tres este ano. Cheguei á conclusión de que padezo algo parecido á síndrome de Dióxenes, pero ao revés: na vez de buscar lixo para traer á casa, busco casa na que meterme cos meus bultos. Son adicta ás mudanzas. Ás mudas de casa e de pel. Primeiro foi Plattdorf quen nos prestou o seu "niño" durante aqueles catro días. E agora que Cesare marcha, "herdamos" casa. Quedan convidad@s á inauguración oficial, ou "festa da caixa", como diría m)alicia, aí polo Samaín, máis ou menos!

6 comentários:

jan disse...

Ánimo na túa loita contra o tabaco! Quen non che engane ninguén, si que é posible!

Boa sorte de novo, no teu novo fogar....seguro que Cesare deixouno cargado da súa contaxiosa enerxía!!!

cineclubedecompostela disse...

moi boas... acó empezamos a nosa andaina pola rede. bicos

http://cineclubedecompostela.blogaliza.org

Lúa Neghra disse...

Parabéns aos comentaristas, dos axentes culturais máis activos da cidade: a Jan e todo Cascovello, por esas xornadas impresionantes de rol, e ao "kolhós", por ser como sodes. Longa vida ao Cineclube. Bonita páxina! E bonitos textos, jajaja!

osondaxordeira disse...

Sabes o supoñen as mudanzas, pero é fermoso facelas e sentilas. Mudar tempo a tempo nunha nova pel.
Bicos.

Anónimo disse...

I'm really Glad i came across this website.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!

Anónimo disse...

I'm Glad i came across this blog.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!