21.3.07

Días violetas


Non paramos: dende que empezou o mes levo unha actividade febril que non me deixa tempo para nada. Nunha data tan representativa como o 8 de marzo, demos a luz a esta criatura. Aos días anteriores chegoulle de movemento, tamén: puiden asistir a un acto que me tiña intrigada (que pode dicir un directivo de Ence despois de ser proxectado este documental?), onde, por certo, tiven a sorte de atopar a un dos meus ex profes máis queridos (Xabi, tres anos de ética, filosofía de COU e clases moi bonitas tamén fóra das aulas. Cando estaba bo tempo saíamos a tirarnos na herba na vez de quedar nos pupitres...), falar de feminismo, seguir falando de feminismo (estamos argallando unha cousiña... Outra "criatura" máis. Con tempo...), traballar moitas horas e asistir a moitos actos... Foi moi interesante contrastar os dous oitos de marzo: o do salón de actos e o da rúa.

E aínda queda unha fin de semana ben movida por diante... En fin, hoxe empezou a primavera, e iso xa dá azos abondo como para ter gana de seguir facendo cousas.

4 comentários:

Mario disse...

Eu tamén ando con aghobios primaverais, co engadido de que a min esta época do ano tírame para abaixo, creo que prefiro o inverno.

A rapaza do arco disse...

Xa sei que andas cargada de traballo pero teño outra proposta máis para ti, se te animas :)

Lúa Neghra disse...

Vale! Como me coñecedes, non sei dicir que non...

Anónimo disse...

I am really Glad i found this blog.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!