Hehehe. O mellor agasallo voullo levar esta fin de semana, que temos laconada familiar, xunto cunha costela, cortesía de Xosé Crespo, alcalde de Lalín, que agasallou cun 'kit' para o cocido a todos os xornalistas que foron á presentación da Feira do Cocido de Lalín.
Nacín na Ría, enfronte dun monstro velenoso que lle cuspía veleno ao mar.
De cativa gustábame rubir as árbores e pasar horas no mar. Tamén andar a inventar contos.
De grande pasei catro anos lobotomizada nunha facultade que chamaban de Ciencias da Comunicación, onde non aprendín a comunicar nada.
Despois decidín doutourarme en Filoloxía, porque se cadra era máis correcto dicir que o meu é o amor pola linguaxe que "ciencia" da "comunicación."
E hoxe traballo coas Palabras. Amo. Vivo en Compostela. Fágome preguntas. Son feliz.
2 comentários:
Pero que boa filla!!
Hehehe. O mellor agasallo voullo levar esta fin de semana, que temos laconada familiar, xunto cunha costela, cortesía de Xosé Crespo, alcalde de Lalín, que agasallou cun 'kit' para o cocido a todos os xornalistas que foron á presentación da Feira do Cocido de Lalín.
Enviar um comentário