31.10.05

Día de Santas Compañas

Hoxe están abertas as portas do alén. O Samaín dá comezo.
Tamén abrín as portas de outro Mundo soterrado: o da sociolingüística. Matriculeime no TIT despois dunha mañá empregada en vagabundar por Filoloxía, percorrendo todas as secretarías de todos os departamentos (que facían ponte), e esquivando ás vendedoras de "Autogestión" que me tentan enguedellar nas redes da pseudosolidariedade cristiá.

Pero aparece el no momento preciso para me rescatar das gadoupas dun voitre con lentes que insiste en que merque a revista. Atravesamos a cidade mentres sae o sol, que sempre agarda aos momentos en que tes paraugas ou alguén te leva no coche para saír, triunfante, despois de te mollares coma un pito. É a lei de Murphy.

Chegamos ao COIE, facemos cola durante media hora para conseguir unha carpeta e máis unha axenda de mala calidade e quedar oficialmente rexistrad@s coma presunt@s investigadores. Lembrámonos case ao unísono dun verso dunha pretendida poeta que sempre nos ha de acordar cando temos que aparentar formalidade: "as cousas que fixemos onte á noite", despois dos licores cafés do Atlántico e de cantar pola Rúa do Medio. A obriga de agardar na cola faise máis lixeira entre miradas de complicidade.

Cadaquén volve ao seu. Xantar cos meus. Tarde tranquila. Contra a noite comezan a chamarme as meigas da música e da noite. Presinto un aquelarre, unha noite de lúa neghra, as portas do Alén abertas para nos acoller.

7 comentários:

Anónimo disse...

Aí estamos! Tanto Chalogüin e tanta carallada! As tradiciós nosas hai que respectalas e non toca-los güevos con gilipolleces ianquis...

Vaia día tiveche miña reina, espero que non todos señan así e que goces de "boas" resacas de licor café...

Quérote moito chuli

Anónimo disse...

As resacas do licor café nunca son boas, Nesinho. Pero se tes ocasión de mirar un pouco a procedenza do Halloween, verás que as raíces son as mesmas cás do noso maghosto, maguestu en Asturies, lamber caveiras de sucre en México ou o Samhain na tradición celta. Outra cousa é que @s ianquis non teñan idea do que están a celebrar.
Vaia noite de meighas que tiven... Ou tivemos, porque cando apareciches por casa ás oito da noite non estabas máis sobrio ca min. Cóidate moito. Quérote.
P.D. Cando veñas a Compostela vas ter outra casa. Xa queda menos... Ao final vou ser eu a primeira!!!:P

Anónimo disse...

I am Glad i ran across this site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!

Anónimo disse...

I am really Glad i came across this blog.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!

Anónimo disse...

Hi, Neat post. There is an issue along with your website in web explorer, might test this?
IE nonetheless is the market leader and a large portion of
other people will omit your fantastic writing due to this problem.


Feel free to visit my web site - クロエバッグ

Anónimo disse...

When Iinitiallyleft a commentIseem to haveclickedthe -Notify
me when new comments are added- checkboxand nowevery time acomment
is addedI receivefouremailswith the samecomment.

There has to bea wayyou canremove me from that service?Thanks!
"D�a de Santas Compa�as"Likedit!

Feel free to visit my site: ナイキ シューズ

Anónimo disse...

Today, I went to the beach with my children. I found a sea shell and gave it to my 4 year old daughter and said
"You can hear the ocean if you put this to your ear." She put the shell
to her ear and screamed. There was a hermit crab inside and
it pinched her ear. She never wants to go back!
LoL I know this is totally off topic but I had to tell someone!


Here is my blog - nike air max