21.8.07

Días vaghos...

Nunca gocei tanto da folganza como estes días. Esa imaxe da sesta a dúo de Ghandoi e eue no sofá da casa é a metáfora perfecta. Logo da noite pallasa aínda demos unha voltiña por Boiro, por Moaña, onde gozamos do son de Oskorri e da hospitalidade de Albagal, e directiños para o paraíso de Ons, onde as estrelas se miran mellor ca en ningún outro lugar, a festa de músicas internacionais (da gaita á txalaparta, dos djembés á guitarra) estouraba cada noite á beira da praia, e as gaivotas e cormoráns son os auténticos habitantes. Antes tamén había araos, pero non sobreviviron á merda do Prestige.

Logo duns días de relax e aperturas de novos horizontes, rumbo á fronteira, e tres días de música e hipirmo (relativo, xa pasaron corenta anos de Woodstock e os novos festivaleiros sementan o campo de vasos de plástico e cabichas e levan o bañador posto cando se meten no río). Descubrimentos interesantísimos, sorpresa e abraio, festa a rachar e moita auga! Cinco horas seguidas sen parar de chover na noite do martes, que combatemos a golpe de Porto (bebido antes de entrar no recinto, o control policial non o deixou pasar).

E nada, volta ao fogar, recuperación a golpe de xaropes e vitamina C efervescente portuguesa, dous días na matria deixándome coidar polos meus e comer o peixe que non como o resto do ano (o interior e a vagancia, é o que teñen). Agora, cunha boa reserva de fósforo e ácidos graxos conseguida a base de marraxo, lirio, sardiñas e parrochas, aínda queda a metade do livin' easy ou dolce far niente, ou rascar a barriga. Dei co Summertime que quería, esta impresionante versión en directo en Estocolmo dunha das grandes señoras da música, xunto con Billie Holiday, Edith Piaf e La Lupe. Aí vos deixo a Janis e banda sonora para o tempo de verán... Apertas!


10 comentários:

pándigo disse...

oíches,

non sei se debría ser eue quen... pero o ghandoil e o gato teñen algo, sei que eres liberal, pero a zoofilia está penada en media europa; os animais non teñen defensas para as cousas humanas...

albagal disse...

Mola a foto! Que ben se está de vacacións:)

Para iso estamos, Lúa! Perdoade que me fora o luns pola mañá aos obradoiros, pero é que tiñamos que ensaiar para os concertos nos que cantei o mítico Summertime do que tanto gostas e a Led Zeppelin.

As Ons son incíribeis, a ver se vou de cámping en Setembro, outra vez.

Un biquiño ghuapa!

Mario disse...

Pero ti tamén tes familia en Pantín? Se ao final imos descubrir que somos primos.

albagal disse...

Por certo, vas ir á festa da poesía do condado?

Lúa Neghra disse...

Pándigo, xa sabes que non son celosa... Hai que deixalos aos pobriños co seu idilio.

Alba, un verdadeiro pracer atoparte en Salvaterra. Estoulle a buscar un marco bonito para ese agasallo precioso que nos fixeches... ;) Un bico enorme.

E Mario, non sabes como gocei recoñecendo a Lucerna da que falas en L'affiche rouge... Así que Marnela, eh? Eu sonche máis do monte, de Domondó en concreto. Tampouco é que sexamos de alí (a familia da miña abuela era de Esteiro e a do meu abuelo de Canido), pero a casa-casa da familia está alí... Agora mesmo estará aquilo ateigado de surfeiros! Un bico grande!

albagal disse...

Carai, é un honor que algo da miña humilde arte estea no voso famoso piso da capital;)

Eu qro ver esas fotos salvaxes de Salvaterra...

Apertas :)

torredebabel disse...

Que ben soa iso dos relax e das aperturas de novos horizontes. Vou reler as historias coa banda sonora que, claro, debuxan mellor todo o vivido. Apertas!

Mario disse...

Pois non era xusto aí, pero fíxome moita ilusión que te decataras. Dille ao Eue que non bote tanta sesta e se poña a entrenar ;)

Anónimo disse...

I am Glad i ran across this website.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!

Anónimo disse...

I am really Glad i found this site.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!