25.11.05

Día morto

Hoxe non hai ganas de nada. Nin de loitar cos pícar@s, nin de ir cear do grupo de teatro e despois atopar a Ø, que ha estar vingándose a gusto nestes momentos, e nadar ao somorgullo... Vale, disto último si, o que non hai son folgos.
Levo todo o día co corpo adurmiñado pola dor e o cansazo. A primeira decepción do día veu da man do Patum de Berga (xa dicía Ø pola mañá, "van comparar unha festa cunha cultura?" E horas despois escoitei: "os cataláns conségueno absolutamente TODO!"
E tamén tiven tempo de cabrearme coa "domesticación" da violencia de xénero por parte dos medios, no Día en que lembramos Ciudad Juárez, Afganistán e Cacheiras. Deixei un comentario no Libro de Estilo virtual.
E agora penso quedar na casa a escribir, mentres escoito o "meu" Tema, composto por Maurice Jarre (hoxe, o filme que me deu o nome hai corenta anos).

7 comentários:

eue disse...

Que chula a cortiniña da última ligazón. Como fixeches?

Anónimo disse...

Este blog gústame máis canto máis medra

hojasdehierba disse...

Non sei se culpo aos medios da "domesticación"... A versión semiíntegra non é para tódolos estómagos, e en máis dun sentido, abofé...

Anónimo disse...

A cortiniña é cousa do cinéfilo, alédome moito, k, seguiremos medrando e aprendendo, e a domesticación da violencia non é só cousa dos medios, pero teñen unha responsabilidade social ao respecto, non cre? Eu como xornalista négome a chamarlle "violencia doméstica" a un problema público, social e cultural asentado nas raíces máis fondas do patriarcado, que non se limita ao espazo privado. É algo complexo de explicar, pero unha cousa está clara: AS PALABRAS NUNCA SON INOCENTES.

hojasdehierba disse...

Non sei, eu traballo na parte práctica do asunto e... non sei, non estou por facer unha montaña por unha cuestión semántica.
O certo é que de chamarlle violencia doméstica de certo habería que considerar tamén as agresións que cometen as mulleres contra homes/fillos/pais/nais no ámbito do fogar. E non é o caso do noso sistema xurídico neste preciso momento, que non pon o énfasis nese punto, senon na víctima do delicto e a súa relación co agresor.
Saúdos.

Anónimo disse...

"van comparar unha festa cunha cultura?"

Ai, Lúa, pero é que a festa dá cartos, e a cultura, a de veras, cada vez menos...

Anónimo disse...

I'm Glad i ran across this website.Added lua-neghra.blogspot.com to my bookmark!