6.1.06

Día para non durmir

Xa avisara, a falta de tempo e de infraestruturas non me permite postear con máis frecuencia. Pero hoxe hai lúa crecente, así que a petición expresa de eue, non vou agardar outro ciclo lunar. Con postear nos cuartos abonda, digho eu.
Resumo das últimas semanas: Ultranoite na NASA por cortesía de Cesare. É alucinante como nos concentramos catro blogueir@s en (penso) menos dun metro cadrado. Ao día seguinte, as dores que me han torturar até a menopausia ou a histerectomía, o que veña primeiro, non me deixaron erguerme até tardísimo. Sorte que teño un anxo (diabólico, por veces) ao meu carón que me fai poleo menta e me leva até a cidade que me pariu entre bafos de celulosa. Polo camiño aínda temos un susto coa buxía. Agardamos polo señor do guindastre, que é arxentino e ten bo humor como para sacalo da casa na Noiteboa, e cadaquén vai cos seus. Noite e día posterior de xuntanza familiar iesascosas...
Semana de choio (bastante morta, parece que morre a actividade cultural na cidade), nova fin de semana... Ceas coas compañeiras de fatigas e cos de aventuras, atopar coa xente que anda no exilio e volve, como o turrón, despedir o ano... Preferín cear na casa paterna, aínda que recibira un convite moi tentador. Pero logo fumos ø, unha botella de licor café póstumo do meu abuelo e máis eu, xunto con m)alicia, cesare e máis xente a unha casa preciosa. Benaventurad@s @s que vivides nela, que sexades felices nese paraíso.

Ao día seguinte, optamos polo remedio tradicional contra a resaca: peliculón, estomballe e comida.
Como dicía ao comezo, non apetece durmir nunha noite coma hoxe. @s que somos nen@s eternamente seguimos agardando que algo ou alguén entre pola porta do balcón e encha os zapatos de agasallos.
De pequena pedía Nenucos, libros e unha casa. De adolescente, un mozo e que me deixaran ir a un concerto de Bon Jovi (tiña trece anos, sexan comprensiv@s). E de maior, case non me quedan desexos que pedir. Hoxe tiven unha arroutada cando viña no tren, lendo e mirando para o Lérez. Decateime de que xa non quero nada máis: teño un traballo do que gozo moitísimo, un espazo propio, amig@s, ideas, proxectos, algo polo que loitar e no que investigar, marcas de sabas que nunca se han borrar, xente do teatro, tropa de carallo, seres queridos cos que comparto máis que sangue... Que lle pido aos Reises? Despois de ler a carta de María de Mallou, algo semellante. Pido para min e para quen quero mil momentos máis como os que xa puiden vivir, que tiremos con tanto egoísmo, tanto aghobio co material (paradoxal dicir isto no día mundial do consumismo desaforado), tanto comernos a cabesa, tanto facérmonos @s dur@s e madur@s, e tanta hostia, e vivamos. Felices Reises!!! E se traen carbón, benvido sexa. Vai tal frío no Franco... Despídome até a próxima lúa que xa é chea!!! Biquiños, aleghría, saúde e anarquía.

6 comentários:

eue disse...

Cinco blogueiros/as nun metro e pico cadrado: http://tensa_calma.blogia.com

Foi un ano impresionante ;-)

FraVernero disse...

Canto blogueiraxe añiña polas laxes máis recónditas de Compostela..
xD

En todo caso, unha recomendación sobre o que pedir: que as cousas boas duren moito tempo. Anque sempre se fará breve, por moitos anos que se arrastre...
Chega quizais un momento en que pensamos que os cambios só poden ser para mal...
Mais de todo se aprende tamén, ¿non?
Nembargantes, e polo momento, disfrutemos dos nosos praceres fuxidíos, anque no fondo sospeitemos que o desexo é a porta da Dor.

opándigo disse...

ola lúa... son o que le o teu blog coma se fose meu... ... son o que cambia coas lúas... e o que aproveita a noite e o día... non necesito blog... porque xa teño os vosos...

ohqtordv disse...

seis, seica. pero como non teño o pracer, entón non podería asegurar que estivese no mesmo metro cadrado. intúo que estaba algo máis lonxe.

e na sala habería máis, que somos coma fungos. fungos bos.

mágoa. gustábame coñecervos.

eue disse...

Pois se vostede contaba seis, e nós xa contabamos con vostede, seica igual eramos 10...
A min tamén me prestaba coñecelo, pero tempo haberá.

Lúa Neghra disse...

Cada día somos máis! Estaba xusto detrás, ollodavaca. E déixoo, que estou no traballo (onde tamén nos concentramos vari@s blogueir@s por metro cadrado). Bicos!